Sen irnos a épocas pasadas ou a rememorar fazañas doutros tempos, que son moi respectables e aplaudidas, imos enfocarnos ou centrarnos nunha data crucial nestes últimos anos no que ten que ver co Campo Municipal Pepe Barrera.
No verán do 2019 daban comezo as obras tanto do céspede coma de parte do entorno do terreo de xogo, moi ambiciosas e moi xustificadas, xa que nos invernos o campo convertíase nunha autentica balsa de auga formándose unha lameira, que impedía a practica do xogo na meirande parte do terreo. Incluso se tratou en pleno esta preocupación, que era unha realidade, votouse por unanimidade esta mellora nesta instalación municipal e comprometéndose as tres administracións para o seu financiamento (Concello, Deputación Provincial e Xunta de Galicia).
En canto á repartición das achegas non foi a tan acaecida dos tres terzos. Se non que á hora de facer contas e poñer o ovo, uns puxeron a súa a parte, tal e como se comprometeran, e outros dese terzo que tanto cacarexaban pois nin a metade, e ollo se hai baixa tamén se resta da achega histórica. Claro está que esa parte que faltaba tiveron que asumila as outras administracións comprometidas, neste caso tocoulle ao Concello de Ribadeo, quedando reflectidas nun cartel con pictogramas claramente as cantidades atribuídas a cada unha das institucións que financiaron esta obra. Como din en dereito: non hai mais preguntas señoría.
Despois de recordar algo do pasado centrémonos na actualidade destes días. Saltaron todas as alarmas no seno do Grupo Popular de Ribadeo e no seu gabinete de asesores e expertos en campos de fútbol de herba natural criticando duramente ao Goberno Municipal, e loxicamente á Área que levo e represento con moito orgullo e paixón, polo mal estado do campo.
Non vou crear mais debate por que me parece inxusto ter tan pouca memoria e a pouca que se ten utilizala tan malevolamente. Pero si vou dar unha serie de datos sobre o que aporta o Pepe Barrera a todo o conxunto da veciñanza de Ribadeo. Si que hai que recalcar que é de titularidade municipal, polo que dentro das posibilidades técnicas e de uso está a disposición das entidades deportivas do concello e tuteladas polo estamento local.
Ese campo soporta uns sesenta partidos de liga, o trofeo Enma Cuervo, o torneo de veteranos, torneos da base do fútbol, amigables e dentro deste calendario inmenso e intenso ás veces incluso algún que outro adestramento. Claramente se non ten un traballo de mantemento o campo non chegaría nin a decembro e se isto non fose pouco temos que sumarlle que estamos no norte do país e no noroeste do Estado, onde as condicións climáticas para esta variedade de campo de herba natural son un hándicap.
O que repercute en disfrute este recinto de xogo para todas e todos, tanto rapazas coma rapaces, pais, nais, avoas, avós, familias, amigos e de mais. E tamén sentir ese estímulo no tecido económico de Ribadeo cos diferentes encontros, torneos entre diferentes vilas, cidades e incluso xente doutras bandeiras ou con outros idiomas, que atraen tanta xente a vila, o que iso supón para a nosa economía, para o comercio, para a hostalería e para os hoteis, creo que ben merece un trato doutro calado.
Jorge Díaz Freije (concelleiro de Deportes)


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



