O equipo de goberno do BNG, non deixa de sorprender. Agora parece que non lles gusta que falemos do estadio Pepe Barrera nin moito menos que se publiquen fotos do seu estado.
Home! Non fai tanto que vostedes mesmos non eran cansos de publicar as melloras neste estadio de paso que facían referencia á “pírrica” aportación da Xunta de Galicia. Nós, como de costume, non damos importancia aos insultos porque despois de todo, e como din os nosos maiores “as cousas hai que tomalas de quen veñen”, e neste caso, como en outros moitos, é decepcionante , pero sabíamos que esa inversión só ía ser iso: “inversión do momento para a foto”, posto que como sempre, o mantemento ía ser pouco ou nulo, e dende logo, non ía estar á altura das circunstancias nin das necesidades do campo.
Iso de ir o “concelleiro de turno” pasearse na segadora polo Pepe Barrera para arriba e para abaixo para vender, non sabemos moi ben o que, xa non vale, señores do BNG. Este campo require traballo de profesionais e saber o que se fai. O Pepe Barrera xa se ve como o teñen! Porque o Pepe Barrera non está así porque si, Sr. Suárez! O Pepe Barrera téñeno así vostedes! Claro, entre a necesidade de profesionais, e a falta de comunicación entre os concelleiros saíntes e entrantes, ao mellor tampouco houbo traspaso do “chaveiro oficial”.
Non sei se lles parece ben; pero xa que estamos, podemos falar do campo de entrenamento de A Devesa… onde “entrena” o Ribadeo F.C. e a S. D. Ribadeo… Dáse conta de cal lle decimos? Nese que a semana pasada quedaron tres vehículos enterrados pasando o pisón. Deben de saber, porque un deles, era do Concello. Din que un veciño o tivo que ir sacar… En can fraco, todas son pulgas, non si, sres. do goberno?
Outro lameiro máis, para a colección dos “lameiros do Sr. Suárez”. Mira que na vila xa non temos poucos! Pois agora os xogadores teñen que entrenar na lama, en charqueiros e en fochancas…. Vamos, moi apropiado para os tempos que corren! Como se pode presumir de Ribadeo e ser o maior enemigo á mesma vez?
Vostedes son moi afeccionados en invertir en donuts e pipas, aínda que visto o visto, van ter que comenzar a invertir en bicarbonato, para iso dos “ardores”. Sr. Súarez, aclárese. Xunta si ou Xunta non? Deixe de coaccionar ás entidades, que poidan libremente acollerse ás subvencións ou colaboracións coas que poidan financiarse, veñan de onde veñan.
A xente non é fata, xa llo dixemos moitas veces!!! Vostede asigna unhas subvencións que paga cando lle peta e, por riba, “prohibe” con mentiras que poidan recibir subvencións ou axudas doutras administracións. Iso é para o que vostede quere as entidades!! Para que lle fagan o traballo, porque a maioría das actividades que se fan en Ribadeo están organizadas polas entidades asociativas, e en moitos casos, aínda lles pon paos nas rodas.
Con insultos, mentiras e enganos, non se revolven os desaguisados que teñen montados. Póñanse a traballar, que é a maneira máis doada de ter todo en orde.
Como vostede sempre di Sr. Suárez: é o alcalde de todos. Pois demóstreo e poña ó seu goberno a traballar. Pero a traballar en serio, Sr. Suárez. Non tirar area nun campo que custou preto de 500.000 €, coma quen tira area nun galiñeiro, e logo saír dicindo unhas incoherencias sen sentido, insultando e menospreciando o traballo dos demais; síntoma inequívoco de que se está intentando tapar unha falta de traballo.
En fin Sr. Suárez, siga insultando a uns, e coaccionando a outros, que nós seguiremos ao carón dos veciños e veciñas de Ribadeo.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



