Lugo, 17 de febreiro de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde da Fonsagrada, Carlos López, presentaron este xoves no Pazo de San Marcos a XXV Feira do Butelo da Fonsagrada, que se celebrará esta fin de semana, o 19 e o 20 de febreiro, neste concello da Montaña Lucense. A institución provincial colabora coa celebración desta cita gastronómica cunha achega de 6.000 euros do Plan Único de Cooperación cos Concellos.
No acto de presentación tamén participaron a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; o concelleiro de Obras e Urbanismo, Seguridade, Tráfico e Desenvolvemento Industrial da Fonsagrada, Argelio González Queipo; e o xerente do restaurante Cantábrico, José Lombardía.
Tomé Roca destacou que esta 25 edición da cita será “significativa, moi especial, porque se celebran as Vodas de Prata, pero tamén porque se recupera o seu formato de sempre, o formato presencial, logo de que o ano pasado se fixese unha versión dixital con motivo da pandemia”. Avanzou que está convencido de que “A Fonsagrada volverá acoller a milleiros de persoas para celebrar a Feira do Butelo e para degustar este produto de tanta calidade e tan exquisito, que é un emblema do bo facer do noso sector primario”.
Nas súas palabras eloxiou a todas as persoas que traballan para facer posible o butelo, como son os gandeiros e gandeiras, as empresas cárnicas, as distribuidoras e á hostalería do municipio e da comarca da Montaña. “Son empresas que crean emprego e que crean oportunidades no rural, que lle dan vida no presente e que apostan polo seu desenvolvemento no futuro”, subliñou. Lembrou, así mesmo, que a Deputación é un importante apoio para o tecido empresarial da provincia, e que dende o inicio da pandemia se reforzou con importantes medidas que se puxeron en marcha baixo o paraugas do Plan de Impulso da Economía da Provincia. “Fixémolo porque son as pemes e os autónomos os que manteñen a actividade económica no rural, os que aportan unha importante porcentaxe ao PIB da provincia e, sobre todo, os que resultan imprescindibles para manter o equilibrio territorial”.
O butelo, un estímulo para economía local
Tomé Roca destacou que se trata dunha cita que serve para a “promoción e o estímulo dun produto local que é fundamental para dinamizar a comarca e o rural lucense”, e que nestes tempos de pandemia, dixo, “debemos aproveitar para que o mundo mire máis cara o rural como exemplo de vida saudable e de produción sostible”.
A Feira do Butelo, declarada de Interese Turístico Galego, destaca por ser “unha cita imprescindible para os veciños e veciñas de Lugo, pero tamén para persoas chegadas doutros territorios de Galicia e mesmo de Asturias”, detallou o mandatario provincial. “A gastronomía e o turismo cambian constantemente, por iso é necesario facer o que está facendo o Concello da Fonsagrada: atopar novas formas de poñer en valor aquelo que sempre estivo con nós”, salientou.
A Deputación de Lugo achega ao Concello da Fonsagrada 444.285,24€ a través do Plan Único deste ano 2022 para desenvolver distintas actuacións e mellora de infraestruturas, como a Feira do Butelo, para manter e aumentar os servizos e infraestruturas e crear emprego, entre outras.
Programa da Feira do Butelo 2022
A carpa que acollerá a Feira do Butelo, instalada na Praza do Concello, abrirá este sábado e domingo, de 10:00 a 20:00 horas con 70 postos e 8.000 quilos de butelo. O sábado, ás 12.30 horas, terá lugar a inauguración e unha posterior visita ás instalacións. O domingo, ás 12.30 horas, actuará o grupo de música tradicional Illa Pancha, ás 13:00 horas, será a entrega da distinción Butelo de Ouro, que este ano recae en María del Carmen Asunción Gómez Álvarez e Miguel Ángel Martínez Martínez; e ás 13:30 horas terá lugar actuación da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros.
Sábado, 19 de febreiro
10:00 horas: Apertura da Carpa
12:30 horas: Inauguración oficial
20:00 horas: Peche da carpa
Domingo, 20 de febreiro
10:00 horas: Apertura da Carpa
12:00 horas: Recepción de personalidades
12:30 horas: Actuación do grupo de Música Tradicional Illa Pancha
13:00 horas: Entrega da Distinción “Butelo de Ouro” no Salón de Plenos do Concello
13:30 horas: Actuación da A.C. “Antaruxas e Sorteiros”
20:00 horas: Peche da carpa






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



