Burela, 20 de febreiro, 2022. O Pescados Rubén Burela FS non puido poñer o broche á intensa semana lonxe da Mariña como precisaba. O duelo directo na zona baixa da táboa decidiu o botín para o Fútbol Emotion Zaragoza por 4-0. Este resultado outórgalles aos maños a vantaxe de 4 puntos sobre o peche da clasificación do conxunto laranxa, que ten 14 xornadas por diante para seguir loitando.
Os locais fixeron valer o temperán gol, xa no minuto 3, nun erro de pase burelista na saída de presión que sentenciou Óscar Villanueva. Os galegos tiveron que conformarse co resultado de 1-0 ao descanso, cunha ocasión de Pitero que repeleu milagrosamente o pau a tan só 2 segundos da bucina.
O Pescados Rubén Burela dispuxo do primeiro perigo na continuación per foi de novo o Zaragoza o que atopou o premio, en contraataque, con Piqueras. A conexión entre Pazos e Isma puxo a proba a Iván Bernad nunha das mellores dos mariñáns sen acabar de atopar o momento decisivo. Con oito minutos por diante, o Pescadso Rubén Burela FS saltou á pista con Pitero como porteiro xogador, tras o 3-0 de Claudino nun man a man con Kaluza, á contra. Tentouno unha e outra vez o conxunto galego, con paciencia, con xogo de cinco, pero Piqueras soubo aproveitar no 38 para subir o 4-0 a porta baleira.
Semana sen liga
Os mariñáns afrontarán a semana sen liga, pola Supercopa de España (26-27 de febreiro, Xerez de la Frontera), coa disputa de cuartos de Copa Galicia, coa visita á pista de Lugo Sala o mércores, día 23, ás 21.00 horas.
Ficha técnica
Fútbol Emotion Zaragoza FS: Iván Bernad, Óscar Villanueva, Jamur, Ortego, Carlos García, cinco inicial; tamén xogaron Richi Felipe, Juanqui, Carlos Retamar, Claudino, Piqueras, Dani Santos
Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Isma, Renato, David Pazos, Wanderson, cinco inicial; tamén xogaron Lucho, Álex Diz, Pitero, Quintela, Iago Míguez Goles: 1-0, minuto 3, Óscar Villanueva; 2-0, minuto 22, Piqueras; 3-0, minuto 32, Claudino; 4-0, minuto 38, Piqueras
Árbitros: Barrilero Mohedano // Bustos Caparrós. Por Zaragoza amarela para Dani Álvarez (minuto 20), Dani Santos (minuto 28), Piqueras (minuto 33), Carlos Retamar (minuto 40). Por Burela amarela para Isma (minuto 29), Iago Míguez (minuto 33), Wanderson (minuto 34), David Pazos (minuto 39), Renato (minuto 40)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 16 de Primeira RFEF Masculina disputado no Siglo XXI de Zaragoza.





















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.

