Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2022. A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil presentou cinco medidas urxentes para combater as consecuencias da suba disparada dos prezos que están afogando ás familias, pequenas e medianas empresas, traballadoras e traballadores e aos principais sectores produtivos.
Hoxe temos fogares, afirmou a nacionalista, que teñen que escoller entre “pagar as facturas e comer e empresas que non saben se mañá poderán erguer a persiana”. Esta situación económica e tamén social, precisa de medidas urxentes e nesa liña van as nosas propostas: baixada do IVE nos produtos de alimentación, hixiene persoal, produtos do mar, no transporte público e a “redución permanente do IVE para a electricidade” porque a luz é un ben esencial para a nosa vida e o noso traballo.
Ademais, reclamamos unha redución dos impostos sobre os hidrocarburos para rescatar ás persoas traballadoras que se ven obrigadas a desprazarse cada día e ao sector de transporte, un dos máis afectados pola escalada de prezos. Outra das medidas que propoñemos, engadiu é “unha intervención pública sobre os beneficios chovidos do ceo ás eléctricas” para garantir que a enerxía hidráulica e a nuclear se paguen ao custe real da súa produción, porque hoxe, denunciou a nacionalista, “estamos pagando salchichón a prezo de percebes” por un sistema de poxa totalmente “inadmisible” e con empresa que se están a lucrar “do empobrecemento no noso país”.
Por outro lado, tamén indicou que outra das medidas está destinada ao incremento do Salario Mínimo Interprofesional, das pensións mínimas e do complemento autonómico das pensións non contributivas, “conxelado desde que Feixóo goberna Galiza”.
Asemade, dentro das propostas figura a actualización e suba do Ingreso Mínimo Vital e a RISGA así como a “reforma da lei de Inclusión social de Galiza” para garantir a complementariedade das dúas prestacións.
En quinto lugar, o BNG exixe a aprobación dun Plan de compensación para os sectores pesqueiro e agrogandeiro con axudas. Neste sentido, criticou as declaracións do conselleiro de Medio Rural anunciando “unha hecatombe” nun dos sectores estratéxicos en Galiza, sen que “a Xunta faga nada para evitar ese descalabro” e resulta “inadmisible” que un responsable político anuncie o peche de explotacións agrogandeiras sen poñer enriba da mesa ningunha medida económica para impedilo.
Estas propostas, remarcou Rodil, son “realistas, xustas e factibles para rescatar ás persoas e aos sectores máis afectados” pola suba dos prezos.
Galiza non merece un presidente a media xornada
A preguntas dos xornalistas sobre a xira do Presidente da Xunta como candidato á presidencia do Partido popular, a viceportavoz do grupo parlamentario do BNG considerou que “Galiza non merece un presidente a media xornada”, sobre todo nun momento tan crítico como o que estamos a vivir. “Queremos un Presidente da Xunta a tempo completo e desde que Feixóo antepuxo os intereses do seu partido e a súa ambición política e persoal para facer carreira en Madrid non está aquí e si vai a continuar a media xornada que presente a súa dimisión”



















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



