A Fonsagrada, 18 de marzo de 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular da Fonsagrada, Jose Regueiro, considera “contraditorio” que “o goberno local diga que vai crear unha sala polifuncional para impulsar iniciativas empresariais e de creación de emprego na Casa da Cultura cando o goberno local do PSOE é o maior destrutor de emprego no noso municipio”. O voceiro popular refírese á praza da Policía Local, así coma ao desmantelamento do GES.
Ante este anuncio, o popular esíxelle explicacións ao goberno municipal sobre este proxecto para dar a coñecer aos veciños “as accións e medidas concretas que ten previsto levar a cabo” de cara ao impulso de iniciativas empresariais no municipio.
Regueiro dubida que o goberno local logre impulsar iniciativas empresariais nese espazo tal e como o anunciaron porque “se lles da moi ben anunciar, pero non fan o que prometen”, condena. Nese sentido, pon como exemplos de proxectos aínda sen executar ao cuartel da Garda Civil, a estrada de Navia ou o Museo de Forges.
Museo de Forges
O popular lembra, en relación a este último, que “o goberno local anunciou a creación dun museo na memoria do debuxante e humorista con raíces fonsagradinas na antiga Casa do Concello; pero máis de tres anos despois aínda non está en funcionamento”.
Os populares amosan tamén a súa preocupación polo estado no que se atopa o material doado pola familia de Forges e que recibiu o Concello a finais do 2018”.




















A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.



