A Pastoriza, 24 de marzo de 2022. O Partido Popular de A Pastoriza esixe ao goberno local que dea unha solución á situación de falta de cobro das traballadoras do SAF. Concretamente, os populares pídenlle ao equipo de goberno “que se sente coas afectadas” e que explique porque seguen mantendo este servizo coa empresa adxudicataria cando existe incluso unha denuncia favorable a estas profesinais da Inspección de Traballo e un proceso xudicial aberto, iniciado por elas mesmas, polo importantes incumprimentos laborais.
Dende o PP consideran, a este respecto, “inxustificable” que “por non cumprir, nin cumpren o convenio de 2012 que, por certo, está obsoleto”, afirman. E é que, engaden, “a precariedade á que están sometidas chega a tal punto que nin se lles paga a quilometraxe, nin a suba do IPC e tampouco as horas que fan de máis”. Por iso, os populares apoian ás afectadas na súa reivindicación de que non se privatice o servizo e a concesión sexa do Concello.
O goberno local “cómplice”
Os populares lamentan “a incertidume” na que están inmersas estas profesionais e acusan ao goberno local de “pasotismo e de ser cómplice desta mala xestión”. Por este motivo, reclaman publicamente aos dirixentes do Concello que “dean a cara e, sobre todo, deixen de crear problemas”.
“Estas profesionais fan un traballo esencial, que redunda no benestar daqueles veciños que máis o precisan. O que non é de recibo é telas nestas condicións”, manifestan.























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



