Lourenzá, 28 de marzo de 2022. Vender a pel do oso antes de cazalo ten riscos evidentes. Iso mesmo puido comprobar á alcaldesa de Lourenzá no caso do mosteiro de San Salvador, porque deu por feita a concesión de dous millóns de euros para a rehabilitación deste ben a cargo do Plan Nacional Turístico Xacobeo, sen ter en conta que o Goberno central é un Goberno informal, no que non se pode confiar. A alcaldesa, Rocío López, comprobou como o Executivo central cambiou de criterio, modificou as bases da convocatoria, e decidiu financiar unicamente actuacións de mellora en bens de titularidade pública, co que quedaron fóra do Plan os dependentes da Igrexa, entre eles o mosteiro de Lourenzá. Así o sinala o portavoz popular neste municipio, Francisco Javier Rodríguez.
O portavoz popular destaca que “cun Mosteiro restaurado e con usos públicos e privados poderiamos mellorar o turismo; apoiados no Camiño de Santiago e cun adecentamento e ordenamento das nosas rúas e das nosas prazas, fariamos de Lourenzá un pobo de primeiro nivel turístico, o potencial”.
Rodríguez di aos socialistas que “en canto ao mosteiro, xa está claro que se vai perder a subvención de 2 millóns de euros; todo, gracias ós seus colegas do goberno central, que a falta de 15 días cambiou as regras de xogo”.
Os populares apuntan con mirada crítica aos socios de Pedro Sánchez no Goberno e a súa comprobada xenreira a todo o que teña que ver coa Igrexa, e aquí non só perde a Igrexa senón toda Galicia”. Nesta liña, Rodríguez supón “que un de Podemos pasou unha mala noite e levantouse atravesado”.
No PP queren saber se a alcaldesa, Rocío López, pediu o ten previsto pedir explicación aos seus correlixionarios do Goberno polo cambio de criterio que impide que o mosteiro de Lourenzá se poida beneficiar dos fondos do Plan Nacional Turístico Xacobeo. Os populares lembran que nun tuit, o Concello de Lourenzá, aseguraba con optimismo, que despois se viu que era totalmente inxustificado: “Hoxe celebramos una boa nova para tod@s os laurentin@s”. A boa nova durou moi pouco e o mosteiro quedou sen subvención.
Rodríguez tamén confía en que o senador socialista César Mogo pida explicación ao Goberno, porque no seu día achegouse a Vilanova, segundo escribiu nun tuit, porque, dicía, a alcaldesa, “(…) ha conseguido que el Gobierno de España haya incluido en el “Plan Turístico Nacional Xacobeo 21/22 al Monasterio de San Salvador (…)”. Pois non foi así.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



