A Fonsagrada, 21 de marzo de 2022. O portavoz popular en A Fonsagrada, José Luís Regueiro, acaba de rexistrar un escrito dirixido ao alcalde no que solicita a creación dunha comisión para o estudo da situación do sector agrogandeiro no municipio, á vista da difícil situación pola que atravesa.
Os populares destacan “o incremento de custos en todos os sectores produtivos, especialmente os derivados da suba de combustibles e cereais para elaboración de pensos”. Toman en conta “a situación insostible do sector gandeiro en xeral, máis concretamente do sector agrogandeiro da Fonsagrada e especialmente dos produtores de Tenreira Suprema”. Regueiro pon de manifesto “a gran importancia deste sector no noso municipio” e di que, por elo, “o Concello de A Fonsagrada debe poñer todos os medios necesarios para reducir o impacto desta terrible situación neste sector e crear unha comisión para o estudo do sector agrogandeiro no municipio”.
Deste grupo de traballo deben formar parte: o Concello de A Fonsagrada, mediante os representantes dos grupos políticos do municipio; os axentes sociais e colectivos implicados, como as asociacións de gandeiros; unha representación de empresas con intereses no sector.
Segundo expón Regueiro, entre os obxectivos do grupo de traballo debe estar o de analizar a situación agrogandeira no municipio, impulsar a elaboración de estudos de viabilidade do sector no municipio, apoiar que se facilite a permuta de fincas rústicas subvencionando parte dos custos e favorecer e mediar nas concentracións parcelarias voluntarias, así como fomentar o asentamento de empresas do sector
Os populares din que tamén teñen que ser obxectivos da comisión que propoñen o impulso de bonificacións nos impostos locais das empresas con actividade agrogandeira, a mediación e apoio do sector ante organismo públicos e impulsar a creación e promoción dunha plataforma de venta de produtos da Fonsagrada a través do comercio electrónico para evitar intermediarios.
José Luís Regueiro destaca que é preciso que o Goberno central estableza as medidas precisas para facer cumprir a Lei da Cadea Alimentaria.





















Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



