Lugo, 10 marzo de 2022. O goberno provincial está escaso de vontade de transparencia, tal como acreditan moitas das respostas dadas ao grupo provincial popular. Nesta ocasión, os deputados populares insisten en pedir acceso a un documento, rexistrado na Deputación, sobre cuxa existencia recibiron algunhas informacións. Se o contido do escrito se corresponde coas información recibidas, incluiría presuntas acusacións dun lucense en relación con supostos comportamentos dalgún membro do goberno provincial que poderían ser irregulares. O portavoz popular, Javier Castiñeira, pide “ao presidente da Deputación, o socialista José Tomé, que administre a Deputación de Lugo e especialmente que administre a transparencia moito mellor”, porque “o PP leva varias peticións de documentación que non están sendo atendidas por parte do goberno provincial”. “Non sabemos -di Castiñeira- que oculta o goberno da Deputación”. Engade: “Neste caso falamos dunha denuncia que ao parecer presentou un veciño no rexistro da Deputación de Lugo” por supostas irregularidades.
Castiñeira di: “O grupo provincial do PP cre na presunción de inocencia, pero como grupo político da oposición, ten o dereito e a obriga de fiscalizar ao goberno nas súas contas; temos dereito a ter acceso a este tipo de documentos, porque temos a obriga de manter a transparencia nunha institución tan importante como é a Deputación. Polo tanto, volvemos pedir ao señor Tomé que nos dea acceso a ese escrito, para que o PP poida investigar cal é a orixe deses sucesos, e comprobar se son certos ou non”. Engade que o goberno provincial debe levar a cabo unha investigación interna.
Os populares confían en no ter que acudir a outras instancias para conseguir acceso á información que solicita ao goberno provincial. “Esperamos que non nos obrigue a pedir por outra instancia, porque é un dereito de acceso á información que ten o grupo popular, pero se non nos queda máis remedio teremos que pedilo por outra instancia”. O portavoz popular manifesta: “Solicitamos ao señor Tomé que en aras da transparencia nos dea acceso a este documento para poder contrastar se é certa esa información que chegou ao PP e se é certa tratar de investigar esa denuncia, o que é un deber do grupo da oposición”.
Por outra parte, o portavoz popular na Deputación sinala: “No grupo provincial do PP chámanos poderosamente a actitude do presidente da Deputación, o socialista José Tomé, con respecto á decisión do señor Feijóo de ser candidato a presidir o Partido Popular de España. Non hai comparación entre a traxectoria e a xestión de Núñez Feijóo coa traxectoria explosiva nestes últimos meses do señor Tomé, ao que só pedimos que se mire a si mesmo e teña un pouco de autocrítica, que non pida para os demais o que non fai para si mesmo”





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



