Lugo, 24 de marzo de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presidiu este xoves a Comisión Política de Política Social do Eixo Atlántico que acolleu a Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos. Unha reunión na que tamén participaron o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao; a tenente de Alcalde do Concello de Ribeira, María Sampedro; a Vereadora de Cohesión Social da Cámara Municipal de Braga, Carla Sepúlveda; o Alcalde do Concello de Carballo, Evencio Ferrero; e o Vereador de Gaia e presidente do Grupo de Traballo de Deportes, Guilherme Aguiar, así como Rita Fidalgo, Enma Ben, Roberto San Salvador e Fernando Villatoro, do Eixo Atlántico.
José Tomé Roca, presidente da Comisión de Política Social do Eixo na nova etapa desta entidade transfronteiriza, salientou na intervención coa que abriu a reunión celebrada hoxe que, “se o traballo que desenvolvemos no seo do Eixo Atlántico ten como un dos obxectivos principais garantir e promover a cohesión social e económica do territorio de Galicia e do Norte de Portugal, dende logo, as políticas sociais son unha ferramenta fundamental para avanzar nese equilibrio e nesa cohesión”, con especial relevancia no mundo rural, “sobre todo nun rural galego marcado por un índice de envellecemento elevado e un alto grao de dispersión da poboación, que dificulta o acceso aos servizos públicos”.
Neste sentido, o Presidente subliñou o compromiso da Deputación coas políticas sociais como eixo estratéxico da súa acción de goberno dedicándolles máis dun terzo do total dos Orzamentos provinciais, o que supón, neste ano 2022, máis de 34M€. “Facémolo por dous motivos”, explicou, “porque a Comunidade Autónoma de Galicia non cubre as necesidades que temos na provincia de Lugo, aínda que é a Xunta a que ten as competencias segundo establece o Estatuto de Autonomía e a Lei de Servizos Sociais de Galicia” e porque “estamos convencidos de que, só así, garantimos a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, sobre todo daquelas persoas con máis risco de exclusión”.
Reto demográfico e desenvolvemento rural
Dentro das política sociais, José Tomé puxo en valor o modelo de atención ás persoas maiores que ten en marcha a Deputación de Lugo como instrumento “que converte os desafíos do reto demográfico nunha oportunidade de desenvolvemento para o rural” e que “está xerando moito interese, dentro e fóra de Galicia”. “Xa en dúas ocasións, participamos para expoñelo na Semana Europea das Rexións, o maior evento de política rexional da Unión Europea, e o Goberno de España, a través da Secretaría Xeral para o Reto Demográfico, tamén se interesou pola nosa rede de residencias, precisamente como unha fórmula eficaz para facer fronte ao despoboamento”, asegurou o Presidente.
Explicou que son residencias “cunha xestión 100% pública, nas que aplicamos un modelo asistencial de calidade e centrado nas persoas, non no negocio. Centros de pequeno tamaño, cunha media de 30 usuarios, que son atendidos por unha media de 25 traballadores e traballadoras, polo tanto, practicamente un traballador por usuario. Residencias que favorecen o arraigo porque están situadas no rural, no centro de vilas e de concellos pequenos, e porque no acceso ás prazas teñen prioridade os propios veciños e veciñas deses concellos, da comarca e da provincia”.
Ademais, lembrou, con estes centros de maiores, “estamos creando emprego estable e de calidade no rural, sobre todo feminino, e estamos dinamizando as economías locais, porque promovemos que as residencias se abastezan, de xeito preferente, de produtores e de comercios do entorno”.
O Presidente foi firme ao afirmar que “non existirá un rural baleiro se creamos e se acercamos os servizos públicos ao rural, porque a xente non quere marchar do seu pobo, o que quere é ter servizos públicos que lle permitan seguir vivindo nel”. Neste sentido, tamén lembrou que está a liderar unha proposta para que se destinen fondos europeos á mellora da mobilidade no rural para fixar poboación no territorio e para atraer turismo.
“Estou convencido de que nesta Comisión de Política Social do Eixo Atlántico seguiremos cooperando para sacar adiante accións e medidas que contribúan a seguir avanzando na mellora da cohesión social e económica”. “Dende logo, a cooperación entre territorios veciños, como a que se produce ao amparo do Eixo Atlántico dende hai 30 anos, é unha potente ferramenta para chegar, xuntos, máis lonxe do que seríamos capaces de facer por separado”, subliñou o Presidente.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



