Burela, 21 de marzo, 2022. O Pescados Rubén Burela e Alberto Riquer Antón chegaron a un acordo para separar os seus camiños, o ata o de agora técnico laranxa do equipo masculino de Primeira División xa non se desprazará a Tudela para a xornada 20 de Liga que se disputa mañá en Navarra.
Riquer fíxose cargo do conxunto burelista esta tempada e demostrou a súa profesionalidade “desde o primeiro día, cuns valores e ética de traballo incuestionables pero lamentablemente os resultados non foron os esperados polo que ambas partes vémonos obrigados a tomar unha decisión dolorosa pero necesaria para tentar variar a dinámica do equipo” comentou Manuel Blanco, presidente do Pescados Rubén Burela. O máximo dirixente burelista destacou “a comprensión e elegancia por parte de Riquer con esta decisión. Agradecemos as facilidades para chegar a un acordo rápido. Váisenos un cabaleiro do deporte”.
Pola súa banda, Riquer manifestou o seu desexo de que “con este cambio o equipo consiga romper a dinámica actual de resultados, é unha decisión consensuada que espero que sexa positiva para o equipo”. En relación ao traballo e predisposición dos xogadores “voume agradecido xa que desde o principio de tempada adestramos con profesionalidade e competindo con orgullo. Non saíu como todos esperabamos e asumo a miña responsabilidade”. O técnico madrileño despídese da entidade burelense agradecendo “ao club e a directiva a súa disposición para poder realizar o meu labor á fronte do equipo. Traballei a gusto e lamento que os resultados non fosen os esperados”. Riquer fixo extensible o seu agradecemento “á afección polo seu apoio durante estes meses.
Xogamos para eles e aínda que non tivemos bos resultados si espero que se sentiran identificados co esforzo e compromiso do equipo”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.


