Santiago de Compostela, 28 de marzo 2022. A escalada de prezos está empobrecendo ás familias, á clase traballadora, levando ó límite a moitas empresas e mesmo a sectores produtivos esenciais en Galiza, por iso, o BNG ten posto en marcha unha campaña de mobilizacións baixo o lema Os prezos soben, os teus cartos baixan, que hoxe levou á portavoz nacional, Ana Pontón, ó mercado coruñés de Santo Agostiño e que culminará coa manifestación prevista este domingo en Santiago.
“Cada vez os salarios valen menos e por iso é importante que se poñan sobre a mesa medidas de alcance ante unha crise que require que os gobernos estean á altura”, salientou a líder do Bloque, que hoxe centrou as propostas da formación nacionalista en tres medidas concretas pensadas para atallar a factura eléctrica: subir os impostos ás eléctricas para que parte do seu lucro se traslade á maioría social; en definitiva qu sufraguen parte dunha crise coa que se están forrando; tarifa eléctrica galega para que o País se beneficie de ser produtor de electricidade e poñer fin ós beneficios caídos de ceo do lobby eléctrico.
“Un dos elementos que máis afecta á inflación é prezo da luz e, da mesma maneira que Bruxelas concedeu unha excepción Ibérica, o Goberno central debe mostrar sensibilidade e admitir a excepción galega, que non sería máis que a tarifa eléctrica galega que propón o BNG desde fai anos, para que Galiza teñan unha compensación polos custes sociais e ambientais de producir e exportar electricidade e se beneficie da súa riqueza”, argumentou.
Temos os custes ambientais, cos rios cheos de encoros, con 4.500 muíños nos montes e un espolio eólico ás portas auspiciado polo Goberno do PP, pero sen ningún beneficio nin para as familias, ni para as empresas. Por iso, a tarifa eléctrica galega é un elemento de “xustiza social”, unha tarifa diferenciada que é habitual nos países europeos para compensar ós territorios que producen enerxía.
En relación á subirlle os impostos ás eléctricas, Pontón destaca que o beneficio do sector superou os 11.000 millóns de euros en 2021, un incremento superior ó 200%, e que parte dese escandaloso beneficio debe trasladarse ós colectivos máis afectados en forma de impostos para axudar a compensar o impacto da escalada de prezos, en particular o da factura da luz.
“Sería unha tremenda irresponsabilidade que o Goberno de PSOE-Podemos pretenda salvagardar os astronómicos beneficios das eléctricas, non podemos ter un goberno que non queira aproveitar parte dese lucro para beneficiar á maioría social”, indicou Pontón.
De feito, a líder do Bloque criticou que, de momento, lonxe de gravar esas altísimas plusvalías, o Goberno central foi en dirección contraria cando fai seis meses decidiu baixar o imposto de xeración de enerxía o que implica un aforro para multinacionais como Iberdrola, Naturgy ou Endesa cifrado en 1.500 millóns de euros. A portavoz nacional volveu insistir en que hai que poñer fin os denominados beneficios caídos do ceo, máis aló e fixar un limite ó prezo do gas.
A líder do BNG tamén puxo a mirada no aínda presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, que sigue se adoptar ningunha medida concreta para atallar a escalada de prezos e o seu impacto na economía galega, máis aló de buscar culpables e de facer anuncios que non se concretan no DOG.
“Hai un goberno que ten competencias en materia de industria, agricultura, pesca ou comercio, pero instalado nos anuncios, Feixóo vaise despedir de Galiza con propaganda e fume”, lamentou, ao tempo que facía un chamamento a participar na manifestación convocada para o domingo 3 de abril en Santiago de Compostela, reclamando medidas a favor das maiorías sociais.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



