Viveiro, 7 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro celebrou onte o desfile de Entroido, xunto co seu correspondente certame de disfraces. Deste modo, o concello repartiu diferentes premios entre os mellores disfraces presentados este ano.
“Agradecemos a gran acollida desta cita no primeiro ano que a celebramos tras a pandemia, así como o labor do xurado para escoller ás mellores opcións. A ilusión da cidadanía de Viveiro é o motor para que o noso Entroido sexa un éxito cada ano”, sinala a alcaldesa, María Loureiro.
En categoría individual adultos, o gañador foi “Zombie”, premiado con 80 euros. Completan os premios “La Domadora”, con 60 euros; Breijo, con 50 euros e “Jorobado de Notre Dame”, con 40 euros.
En categoría parellas adultas, gañou “La Loca Academia de Sanidad”, con 100 euros; mentres que “Filla dúas veces” recolleu o segundo galardón con 80 euros e “Luisa e Mercedes” o terceiro con 60 euros.
Na categoría de grupos adultos, “Os tarambainas” recibían o primeiro premio de 300 euros, mentres que “Comuna Hippie” lograba a segunda praza con 250 euros e “Repipis” a terceira con 200 euros.
A mellor carroza foi a de “Calaquitas”, premiada con 700 euros, mentres que “Mª Jesús y el Acordéon” recibiu o segundo premio con 300 euros.
En categoría infantil individual, “Lobezno” era o mellor disfraz, con 80 euros de premio; mentres que “O Principito” era o segundo, con 60 euros de premio, e “Peliqueiro” era o terceiro, con 50 euros de galardón.
A parella “O soño das elfas” recibía o primeiro premio por valor de 100 euros. Doutra banda, entre os grupos infantís, “Circo Fofu” era primeiro, con 300 euros de galardón; “Forzudo-Tuán” eran segundos con 250 euros de premio; mentres que “La Leyenda del Qujote” e “The Playa Team” eran terceiros e cuartos, con premios de 200 e 100 euros respectivamente.
Ademais, concedeuse un premio especial ao humor, valorado en 100 euros en vales no Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro a “La Loca Academia de Sanidad”
Tamén se entregou un premio especial á orixinalidade, cun vale de 100 euros no Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro a “La Leyenda de El Quijote”
Cómpre destacar que o Concello de Viveiro concedeu dúas axudas ás carrozas “Mª Jesús y el acordeón” y a “Calaquitas”, por valor de 200 euros cada unha.
O xurado estivo formado polas modistas Josefa Méndez Lage e María Dolores Polo Casal, o decorador Jesús Atadell Ferreira; Cruz Penso Gato, de Bágoas da Terra; e Saúl Jiménez, da Asociación Centro Comercial casco Histórico de Viveiro. A secretaria do xurado foi Rosario A. Basanta Gabeiras.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



