Burela, 29 de abril, 2022. O pasado luns, día 25, varios membros da xunta directiva mantivemos unha xuntanza cos señores Alfredo Llano e Ramiro Fernández en representación do grupo municipal do PSdeG-PSOE na corporación de Burela.
Ao igual que fixemos nas dúas reunións anteriores -cos grupos do BNG e PP- na reunión trasladámoslles aos dous representantes socialistas as necesidades, peticións e propostas do noso colectivo de cara ao futuro co obxecto de que o seu grupo municipal se faga eco delas.
Dos catro puntos fundamentais que levabamos como proposta (maior limpeza da contorna e das beirarrúas; conxelación da suba de taxas municipais para o comercio e industria local; a adhesión ao programa da Deputación de bonificación do IBI; e o traslado do mercado semanal ao seu anterior emprazamento) tan só obtivemos implicación do PSdeG no asunto da adhesión ao programa provincial de bonificación do IBI, do cal recoñeceron non ter coñecemento mentres que nas outras tres cuestións (maior limpeza das beirarrúas, conxelación de taxas e reubicación do mercado) os señores Llano e Fernández insistiron en xustificar a súa xestión neste tempo á fronte do grupo de goberno municipal.
No que atinxe á limpeza de beirarrúas dixéronnos que a situación de Burela non era tan mala e recalcáronnos que o Concello fixera un esforzo económico para mellorar a limpeza; non estando receptivos a facer un maior esforzo para intensificar a limpeza viaria das principais zonas comerciais da vila.
Sobre a conxelación das taxas municipais consideraron que anosa petición era inasumible porque as estas levaban sete anos sen actualizarse, non tendo en conta a situación que estamos a pasar tras unha pandemia e cunha crise e unha inflación que nos está a afogar. Tamén fumos informados da supresión das taxas de ocupación de calzada naqueles eventos realizados por membros da Asociación sempre e cando esteñan relacionadas co Concello.
Mercado
No que atinxe á reubicación do mercado ao seu lugar anterior, Llano e Fernández tamén se opuxeron, a pesares de que lles propuxemos que ACIA-Burela estaba disposta a asumir o custe económico dos vados permanentes afectados pola celebración semanal do mercado nas rúas onde se instalaba. Os dous representantes socialistas mantiveron que a súa decisión de levar o mercado a Torrentes era froito dun informe da policía municipal onde se desaconsellaba a celebración do mercado nas calles novas (informe que lles pedimos e seguimos á espera de poder ler o seu contido).
Nós, pola nosa banda, recalcámoslles que despois de dous anos está máis que demostrado que o actual emprazamento do mercado semanal non é o máis idóneo nin para os comerciantes nin tampouco para os compradores. Creemos que a súa celebración nas rúas do centro do pobo, como se facía anteriormente, daríalle un pulo ao mercado e tamén ao resto do tecido comercial e, en definitiva, á maltreita economía de Burela.
Dende ACIA Burela temos que recoñecer que agardabamos máis desta reunión. A pouca receptividade dos dous representantes socialistas e a súa escasa implicación cos nosos problemas cotiáns e a nosa problemática deixounos un mal sabor de boca. Aínda así, creemos firmemente na necesidade de dinamizar o noso comercio e o noso tecido industrial polo que seguiremos a traballar e a reunirnos con todas as forzas políticas, axentes sociais e demáis colectivos de cara a traballar todos unidos para conseguir poñer os cimentos da Burela do futuro.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



