Burela, 6 de abril de 2022. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, recibirá este sábado ás 19 horas na Casa do Concello ao ex presidente da República de Cabo Verde, Pedro Pires, unha figura fundamental na independencia deste país e un referente galardoado pola boa gobernanza e a consecución de dereitos para os colectivos máis vulnerables, defensor do diálogo e a cooperación entre as culturas dos distintos pobos.
Alfredo Llano informou desta visita reafirmando a boa relación existente entre o concello burelés e Cabo Verde, comunidade coa que se manterá un encontro despois da recepción institucional. “O 10% da nosa poboación é de orixe caboverdiana, unha representación importante que está totalmente integrada na actualidade e que xa forma parte do devir histórico do noso municipio”, subliñou o rexedor, engadindo que comparte a defensa dos valores de paz e cooperación do ex presidente Pires no que atinxe á “convivencia entre os pobos e culturas que Burela leva no seu ADN, unha realidade da que todos nos sentimos parte, contribuíndo ao enriquecemento mutuo e á ampliación de novos horizontes culturais e sociais que filtrarán de xeración en xeración”. Ademais, o alcalde pon de relevo “o paradigma que sentou Pedro Pires para todo o mundo, sentando as bases para a negociación pacífica e conciliadora fóra do marco dos conflitos bélicos que aínda hoxe estamos a vivir”.
Acompañando ao que foi presidente de Cabo Verde entre 2001 e 2011, así como primeiro ministro de 1976 a 1988, estarán distintos membros da Fundación do Instituto Pedro Pires para a lideranza, organismo que preside e leva o seu nome. Ademais, estarán presentes o Director do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), Carlos Vales, así
como a concelleira de Inmigración, Cooperación e Integración do Concello de Burela, Noelia María Ben e o tenente de alcalde, Ramiro Fernández
Pedro Pires
Pedro Verona Rodrígues Pires, Presidente da República de Cabo Verde entre os anos 2001 e 2011, é o actual Presidente da Fundaçao Amilcar Cabral e do Instituto Pedro Pires para a Liderança. Foi combatente abnegado pola causa da liberdade do seu pobo e dos pobos africanos. Mantívose, porén, sempre partidario fiel da paz, de solucións negociadas dos conflitos e de relacións pacíficas e cooperativas entre os países e pobos do planeta. Liderou negociacións que conduciron á independencia do seu país, o 5 de xullo de 1975.
Apoiou con firmeza as loitas de liberación que conduciron á independencia dos pobos do Zimbaué e da Namíbia e a abolición do réxime do apartheid na África do Sul. Como home de estado, tense distinguido como un político moderado, tolerante, partidario da paz e defensor dos dereitos humanos. Tamén ten traballado pola ampliación e intensificación de relacións de amizade e cooperación entre Cabo Verde e os Estados Africanos. Firme defensor do estado de dereito, no plano internacional sempre defendeu unha ONU interventora e garante da paz mundial e da legalidade internacional.
Co seu bo facer, Cabo Verde chegou a ter un dos mellores índices de desenvolvemento humano en África, con grandes ganancias nos dominios da seguranza alimentaria, da saúde, da educación, da formación e alfabetización, da mellora das condicións de vida das poboacións e da defensa na igualdade de dereitos entre homes e mulleres, así como da protección do medio ambiente.
No ano 2011, Pedro Pires foi galardoado co Premio Mo Ibrahim pola boa gobernanza, nomeamento que distingue aos mellores líderes políticos, premio que comparte con Nelson Mandela, entre outros.
O ex presidente manterá un econtro coa comunidade caboverdiana ás 18:30 horas, antes da recepción co alcalde






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



