Ribadeo, 1 de abril de 2022. Os peregrinos que realicen o Camiño do Norte ao seu paso por Ribadeo neste ano Santo Xacobeo 2021-2022 poderán volver camiñar sen cargar coa súa equipaxe grazas ao Paq Mochila de Correos.
Correos pon ao dispor do peregrino desde hoxe o seu Paq Mochila, o servizo co que transporta as mochilas e maletas dos peregrinos dun aloxamento a outro, nos principais roteiros do Camiño de Santiago.
O peregrino poderá contratar o seu traslado de equipaxes no Camiño Francés desde Roncesvalles e Somport, no Camiño Portugués desde Tui e A Guarda –incluída a Variante Espiritual-, no Camiño do Norte desde Irún, no Camiño Primitivo desde Oviedo, no Camiño Inglés desde Ferrol, no Camiño de Inverno desde Ponferrada, na Vía da Prata-Camiño Sanabrés desde Ourense e no Camiño a Fisterra e Muxía.
O funcionamento do servizo Paq Mochila é moi sinxelo. O carteiro pasará a partir das 8:00 da mañá para recoller a equipaxe dos peregrinos que reserven este servizo no aloxamento indicado e deixarao no seguinte antes das 14:30 horas. Isto permítelle percorrer as diferentes etapas sen necesidade de cargar coa súa equipaxe.
O Paq Mochila pode contratarse na web http://www.paqmochila.com a través dun sinxelo formulario dispoñible en nove idiomas. Ademais, incorpora un sistema de notificacións polo que o peregrino recibirá no seu correo electrónico un aviso de recollida e entrega da equipaxe, permitindo que realice a súa etapa sen preocupacións e libre de cargas.
Servizos de Correos no Camiño de Santiago
Durante este Xacobeo 2021-2022, Correos pon ao dispor de todos os peregrinos unha serie de servizos específicos para resolver as súas necesidades de transporte.
Ademais do Paq Mochila, a peregrino conta co Paq Peregrino –envío de maletas e paquetes a calquera punto do Camiño de Santiago- ou o Paq Bicicleta, un servizo de envío de bicicletas ao comezo do roteiro ou de volta ao finalizar o Camiño.
Ao chegar a Santiago de Compostela, os peregrinos tamén poden beneficiarse do servizo de consigna que Correos ofrece na oficina de Rúa do Franco, 4, a dous minutos da Praza do Obradoiro.
Toda a información sobre estes e outros servizos de Correos para o Camiño de Santiago está dispoñible na páxina web www.elcaminoconcorreos.com, onde o peregrino tamén poderá atopar onde durmir nun buscador con máis de 4.000 aloxamentos, descrición dos Roteiros Xacobeos máis populares e máis de 300 consellos de que ver e facer no Camiño por parte dos carteiros.





















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



