Lugo, 19 de abril de 2022. O BNG presentará no vindeiro Pleno unha moción para demandar ao goberno do Estado o mantemento dos servizos nas liñas de transporte público de concesión estatal que pasan pola provincia.
Segundo a información publicada en medios de comunicación e declaracións públicas de representantes municipais, no marco de elaboración da Lei de Mobilidade Sostible, o Ministerio de Mobilidade e Transportes planifica unha actualización do mapa de liñas regulares que implicaría a supresión de 9 das 15 paradas que estes servizos de longa distancia teñen actualmente.
O voceiro nacionalista Efrén Castro explicou que “presentamos esta moción nun momento no que a Lei está en fase de tramitación co obxectivo de fixar desde a Deputación de Lugo unha posición firme en defensa do transporte público, neste caso fas liñas estatais, como un servizo público básico, que debe atender ás diferentes necesidades e realidades sociais e territoriais”.
“A información da que dispoñemos apunta á supresión de 9 paradas, a grande maioría nas comarcas da montaña e do sur, afondando na carencia de servizos de transporte público e mesmo de vías de comunicación axeitadas nesta zona”, apuntou Efrén Castro.
A moción que se someterá a debate no vindeiro Pleno provincial, o 26 de abril, demanda ao Goberno do Estado que reconsidere a proposta de actualización das concesións de transporte colectivo por estrada, evitando a perda ou redución dos xa escasos servizos da actualidade e buscando pola contra o seu reforzo.
Tamén reclama que a futura Lei de Mobilidade Sostible explicite claramente a aposta polo transporte público de viaxeiros, adecuando ás necesidades da poboación as características do servizo e as súas interconexións. posto que esta é a alternativa máis acaída se queremos apostar por un transporte máis sustentábel desde o punto de vista económico e ecolóxico.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



