Ribadeo, 5 de abril de 2022. O Concello realizará unha consulta a partir deste mércores entre os vendedores e vendedoras do mercado semanal para coñecer si prefiren manterse no aparcadoiro municipal ou si se decantan por volver á contorna da praza de abastos.
O edil de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “pouco a pouco as medidas que se foron tomando desde as distintas administracións para facer fronte á pandemia da covid19 van relaxándose e volvendo á normalidade. E no Concello de Ribadeo toca agora o momento de propoñer a volta do mercadiño dos mércores ao seu espazo tradicional”.
O concelleiro ribadense manifestou que “neste sentido o Concello, no seu desexo de tomar decisións dunha forma consensuada e participativa e despois dun primeiro achegamento ás persoas titulares dos postos constátase que existe unha certa división entre aquelas que sí queren recuperar o espazo tradicional ou aqueloutras que desexan manterse no espazo actual”.
Vizoso Galdo anunciou que “ante esta situación, este mesmo mércores iniciase unha consulta participativa na que se coñecerá de primeira man o interese e a opinión das persoas titulares dos postos do mercado sobre si desexan trasladarse ao espazo orixinario ou continuar no aparcamento onde se localizan na actualidade”.
O edil responsable da Concellaría de Desenvolvemento Local indicou que “nesta consulta tamén se lles informa que dado que a superficie da contorna da praza de abastos ten posibilidades máis limitadas podería dar lugar a un espazo máis reducido por cada posto”.
E engadiu que “o Concello, sen pretender posicionarse sobre o lugar, entende que o espazo que está arredor da praza é un lugar moito máis céntrico e que dota dun maior dinamismo á zona comercial de Ribadeo e enche de vida as súas rúas”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



