Foz, 4 de abril de 2022. Nun tempo como o actual, no que o entorno socioeconómico cambia a gran velocidade, é un erro deixar durmir nos caixóns os estudos de custos para os servizos públicos, porque finalmente acabarán por non ser válidos. Seguramente a causa da pouca vontade de traballo do goberno local de Foz, o prego de condicións para a licitación do Servizos de Axuda no Fogar (SAF) durmiu dende xaneiro do 2021 ata agora, e, como era previsible, está totalmente desactualizado. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala que “no pasado pleno, o grupo municipal do PP advertiu ao equipo de goberno que ía sacar a licitación o servizo de axuda no fogar, por cinco millóns de euros, por tres anos máis un de prórroga, en condicións absolutamente desactualizadas”. Explica: “No cálculo dos salarios e dos servizo en xeral hai un gran desfase. Os salarios están calculados con base nas táboas dos anos 19 e 20 e aplícase un IPC do 1,5%, algo que é incorrecto porque a día de hoxe estamos nun IPC do 9,8, de case o 10, e segue subindo. Por tanto, como mínimo 7,5 veces menos do que debería figurar. Isto afecta ao concurso, aos salarios e aos licitadores”.
Os populares pediron no pleno que este asunto quedara sobre a mesa, “que traballaramos esta semana neste asunto e que se convocara un pleno xa cos salarios e prezos actualizados”. Pero, segundo sinala Castiñeira, non quixeron, pasaron o rodillo outra vez. “O PP leva en todo este período pedindo ao goberno que convocara este concurso; levamos case tres anos e non o fixeron, nin nos chamaron para trallar neste asunto”.
Castiñeira declara: “Tamén nos estraña que a memoria leve 14 meses feita e que non se fixera nada en todo este tempo. A memoria é de xaneiro do 2021; de aí veñen os erros nos cálculos tanto dos salarios como do custo da hora de servizo”. Destaca que o BNG permítelles todo aos seus socios do equipo de goberno e entran en contradicións, porque o SAF é un servizo que o BNG propoñía municipalizar e agora volve a saír a concurso”.
Á vista das circunstancias, o PP sospeita “que este concurso terá algún tipo de problema na súa tramitación pola desactualización dos prezos”.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



