Lugo, 19 de abril de 2022. A Deputación de Lugo descobre esta semana a zona da Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra a máis de 140 veciños e veciñas de todas as idades dentro do programa Coñece a túa provincia que impulsa a institución provincial.
Este martes, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte visitou a Produtora de Audiovisuais da Deputación de Lugo para despois achegarse aos concellos de Barreiros e Ribadeo. Durante a visita coñeceron algúns dos areais barreirenses e a praia das Catedrais. Ademais, achegáronse a Rinlo e pasearon polo casco histórico de Ribadeo.
Tamén viaxaron á Mariña os alumnos do último ciclo de primaria do colexio Otero Pedrayo de Rábade. Neste caso, visitaron os concellos de Alfoz e O Valadouro e percorreron algúns dos recursos naturais destes municipios. O percorrido comezárono na Granxa Gayoso Castro, onde coñeceron o traballo da institución provincial nestas instalacións.
Mañá mércores, os beneficiarios son da Asociación Social e Cultural dos Veciños de Lanzós, de Vilalba, que viaxarán a Monforte de Lemos, despois de visitar o Pazo de San Marcos. O xoves será a quenda da Asociación do Cuarto Ciclo do Campus de Lugo que coñecerán o Mazo de Santa Comba para despois achegarse a Alfoz e O Valadouro, e a Asociación de Veciños do Casco Antigo de Viveiro que, tras facer unha parada na Granxa Gayoso Castro da Deputación, continuarán o seu percorrido ata Monforte.
A Asociación de Veciños de San Román do Vicedo e a Asociación de Veciños de Santa María da Cabeza, da Pobra do Brollón, serán as últimas entidades en realizar esta semana as viaxes. A entidade vicedense visitará o Pazo de San Marcos e coñecerá os concellos da Fonsagrada e Negueira de Muñiz, mentres que a asociación da Pobra do Brollón achegarase aos concellos de Burela e Foz tras visitar o Centro de Interpretación Terras do Miño.
Un total de máis de 3.000 persoas de 135 asociacións beneficiaranse das viaxes gratuítas pola xeografía lucense nesta segunda tempada da iniciativa coa que a institución provincial apoia a actividade do turismo, a hostalería e o comercio local. As saídas terán lugar en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en primavera, entre marzo e xuño, e en outono, de setembro a novembro.
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, acompañou este mércores á agrupación valadouresa na súa visita ao Centro de Interpretación Terras do Miño destacando a reedición deste programa incluído no Plan de Impulso da Economía Provincia, “co que buscamos seguir favorecendo o coñecemento da provincia entre a veciñanza, e seguir consolidando un modelo de turismo de calidade, sostible, con capacidade para atraer visitantes ao longo do ano, que pon en valor o patrimonio e que mantén e crea emprego, sobre todo no rural”.
Coñece a túa provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas serán realizadas por profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.





















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



