Foz, 29 de abril de 2022. O eurodeputado socialista Nicolás González Casares desprazouse ata Foz esta tarde para manter unha reunión de traballo cos rexedores e responsables do PSdeG da Mariña trala renuncia da Xunta de Galicia a instalar a fábrica de Altri na comarca.
Na xuntanza participaron os alcaldes de Foz, Francisco Cajoto; Viveiro, María Loureiro; Alfoz, Jorge Val; Valadouro, Edmundo Maseda, e de Oriol, José Luis Pajón. Ademais de diversos representantes do partido na comarca, asistiu o senador César Mogo.
Cajoto insistiu en que non cesarán no seu empeño de reclamarlle á Xunta de Galicia que rectifique a súa decisión de deixar á Mariña sen a fábrica de Altri, esixíndolle que“cumpra co seu mandato parlamentario”. “O que estamos vendo son escusas baratas que non explican por que non recibiron á Mancomunidade de Municipios da Mariña, por que a solución técnica non se consensuou con nós, porque non se quixo estudar unha situación real porque territorio, temos”, explicaba o alcalde.
Indignación que compartía o eurodeputado Nicolás González Casares ao ver como desde o Partido Popular se vendía un “dos proxectos tractores dos Next Generation para dar saída aos polos industriais desta comarca” e agora deciden cambiar o seu rumbo, denotando unha “falta de transparencia absoluta na xestión destes fondos”.
“O que merece a cidadanía da Mariña é que se cumpran as expectativas de investimento e que se teñen que levar a fábrica para outro lado, que dubido que non se dean aquí as condicións necesarias, digan que alternativas industriais teñen para esta comarca. O PP non pode calar máis”, incidía González Casares.
O rexedor de Foz insistiu en que continuarán a traballar por unha resposta da Xunta que satisfaga a indignación dunha comarca que ve como “ante unha grave crise industrial non se nos permite ter un proxecto de futuro”.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



