Ribadeo, 26 de abril de 2022. O alcalde, Fernando Suárez, considera que A Mariña ten moitas posibilidades, pero moitas delas adormecidas por quen está na Xunta. E amósase decepcionado despois de coñecer que a firma portuguesa Altri non se instalará nesta comarca. Para Suárez Barcia queda claro “o peso que ten A Mariña para o actual goberno galego”.
O rexedor amósase decepcionado: “pois decepción é a palabra. Porque vai outra mais. E desde logo, con esta decisión, queda ben evidente o peso que ten A Mariña para a actual Xunta de Galicia e o interese que esta ten para o goberno de Feijoo, de Rueda ou de quen veña do PP. Son uns auténticos vende fumes”.
Suárez Barcia dixo que “xa o vemos en Ribadeo, día si e día tamén, máis preocupados en andar con caxigaliñas a través do deputado popular que teñen aquí, entretido en repartir camisetas cos logotipos do Xacobeo, ou pagar carteis de festas, ou pagar duetos, tercetos, cuartetos ou quintetos de música para animar cuchipandas varias. Para todo iso, están raudos e veloces, pero para poñer a carne no asador de verdade, para iso, sonoros silencios”.
Para o alcalde de Ribadeo “A Mariña ten moitas posibilidades, pero moitas delas adormecidas por quen está na Xunta. Coido que se debe tomar nota deste novo desprezo á Mariña, e debe ser tomado como un antes e un despois da falta de compromiso coa nosa comarca. Xa está ben de botarlle a culpa aos demais. Xa abonda de demagoxias e de vender fume que ao cabo dun tempo vese no que queda: en nada”.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



