A Mariña, 31 de maio, 2022. As delegadas e delegados da CIG no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios (SPDCIF) advirten da preocupante falta de profesionais en todos os distritos forestais da provincia de Lugo, xa que, ás portas de iniciarse a campaña de extinción de lumes forestais, hai brigadas nas que falta máis da metade do persoal. De feito, hai 35 postos que constan como efectivos (ao figurar na RPT), pero que na realidade están sen cubrir, co perigo que isto implica nun traballo de risco elevado como este.
Esta falta de profesionais lévase arrastrando dende hai anos sen que a consellaría do Medio Rural poña solución. Unha pasividade que a representación da CIG cualifica de “absoluta falta de responsabilidade”, máis tendo en conta que os datos indican que a campaña de extinción de incendios forestais deste ano será toda de alto risco e que a consellaría se marcou como obxectivo que non ardan máis de 16000h en todo o país.
“A consellaría do Medio Rural fai moita propaganda, gasta moitos esforzos e diñeiro en transmitir unha imaxe de responsabilidade e profesionalidade que non se corresponde coa súa xestión do persoal. Gábase de ter un amplo dispositivo no SPDCIF pero a realidade é que hai códigos de RPT pero non persoas cubrindo eses postos. Vende fume, pero está xogando con lume”, alertan os delegados e as delegadas da CIG.
A Relación de Postos de Traballo de Medio Rural determina cantos efectivos ten o SPDCIF, pero na realidade moitos dos postos de traballo están sen cubrir, xa que a consellaría nin as oferta como prazas de superior categoría ou por adscrición provisional, nin tampouco dota estes postos con persoal das listas de substitución. De feito, critican que a administración decidiu cubrir só as prazas do persoal que está de baixa por IT, pero moitas delas non chegan a ser efectivamente cubertas “porque cando rematan os trámites dos chamamentos as persoas titulares xa se reincorporaron da baixa”.
Falta persoal en todos os distritos forestais
Para visibilizar estas carencias de efectivos, só hai que botar unha ollada á distribución do persoal polos distritos:
Distrito VI Mariña Lucense:
-1 xefe de brigada (o titular está adscrito a outra praza)
-2 motobombas vacantes por xubilación (1 delas leva 2 anos sen cubrir)
– 5 vacantes de bombeiros/as
-1 bombeiro de baixa
-2 emisoristas de baixa de longa duración.
Distrito VII Fonsagrada Ancares:
– 1 motobomba vacante,
– 1 bombeiro condutor
– 1 bombeiro vacante por incapacidade
Distrito VIII Terra de Lemos
– 2 vixilantes en Marroxo
– 1 bombeiro-condutor en brigada helitransportada que leva 2 anos sen cubrir (neste caso, chama a atención que durante a precampaña se solicitasen voluntarios de persoal de terra para reforzar as brigadas helitransportadas e agora non se complete esta opción).
Distrito IX Lugo – Sarria (distrito con máis número de lumes en cómputo xeral):
– 7 bombeiros/as sen cubrir entre vacantes e non vacantes.
– 1 vixiante por superior categoría.
– 2 motobombas (1 baixa de longa duración)
Distrito X Terra Chá:
– 2 xefes de brigada
– 3 vixilantes (2 vacantes e 1 baixa longa duración)
– 1 bombeiro condutor por adscrición
– 2 bombeiros vacantes
Con estes datos na man, a representación da CIG pregúntase “como pretende a consellaría que se poidan realizar as tarefas de extinción cando hai brigadas nas que faltan máis da metade dos compoñentes?”. E neste sentido, alerta do perigo que supón nun traballo de alto risco como a loita contra o lume que os dispositivos non estean completos e que se vexan desbordados pola combinación dunha campaña previsibelmente moi complicada coa permanente falta de persoal.
De cara a garantir un operativo eficiente e salvagardar a seguridade do persoal e da cidadanía, a CIG reclama da consellaría de Medio Rural que cubra de inmediato todas as prazas vacantes (moitas das cales levan anos sen ocupar) e unha xestión de persoal adecuada para atender este servizo público.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



