Foz, 7 de maio de 2022. AciaFozCCA entregará os 15 soldos da campaña dos días do Pai e da Nai o vindeiro luns, 9 de maio, ás 20:30 horas na Casa da Cultura. Tamén recibirán os seus galardóns os gañadores da XVIII Ruta de Tapas, que se celebrou a pasada Semana Santa. Ao acto asistirán o alcalde de Foz, Fran Cajoto, o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, o xefe territorial de Economía e Empresa, Gustavo Casasola, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, e outras autoridades.
O primeiro premio da décimo oitava Ruta de Tapas foi para Namarinos polo seu “nido de bacalao con guacamole y crujiente de cebolla”; o segundo premio recibirao Dandy polo seu “hojaldre de carrillera”; o terceiro premio será para Anduriña pola súa “piruleta de ternera gallega en tempura sobre crema de queso de San Simón y reducción de vino mencía” e haberá un premio especial para O Pelolo polo seu “huevo de codorniz a baja temperatura con espuma de patata, migas y botillo”. O xurado quixo recoñecer así a súa orixinalidade.
No acto que se celebrará o luns na Casa da Cultura focense AciaFozCCCA entregará os 15 soldos da campaña dos días do Pai e da Nai. Son en total 6.000 euros para consumir de xuño a novembro.
Os gañadores dos 5 soldos de 100 euros mensuais foron: Marta Fra, que mercou en Decoraciones Pura; Carmen Castro en La Flor Abulense; Antonio Peláez, en Librería A Rapadoira; Carmen Otero en Kukadas; e Vanesa Losa en Milar.
E os gañadores dos 10 soldos de 50 euros mensuais foron: Constantino Pérez, que fixo compra en Ofifoz; Montse Fernández en Decoraciones Pura; Carmen Fernández en Chinela Nenos; Mª Luisa Alonso en Kukadas; Dulce López en Lencería Esther; Rebeca Fernández en Mercería Vera; Tania Novás en Vas’s; Elisa Vilaseca en Ferretería Fuente; Manuela Otero en Milar; e Alicia Vázquez en Chuvia.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



