Conta cun catálogo con máis de 200 cursos online destinados a persoas maiores de 18 anos.
Barreiros, 11 de maio de 2022. No día de hoxe tivo lugar a presentación da Aula Mentor de Barreiros. Un proxecto acadado mediante o convenio que o Concello de Barreiros subscribiu co Ministerio de Educación e Formación Profesional para o desenvolvemento de formación aberta, denominado “Aula Mentor”.
No acto estiveron presentes a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e os concelleiros Carmen Veiga e Antonio Veiga. Tamén contouse coa presencia de Manuel Pérez, empregado municipal, que actuará como responsable do proxecto da Aula Mentor en Barreiros.
Aula Mentor é un programa educativo flexible a través de internet co obxectivo de promover ofertas de aprendizaxe que permitan a adquisición de unidades competencia, e no seu caso, as correspondentes cualificacións profesionais para favorecer o acceso o mercado laboral. Proporciona ademais unha oferta formativa de carácter formal, que se adapta as necesidades da poboación adulta, baseada na titoría personalizada, a distancia e mediante o uso das tecnoloxías da información e da comunicación.
O Concello de Barreiros pon a disposición a aula de informática sita no teleclub de San Cosme como apoio ao funcionamento de Aula Mentor así como unha persoa responsable da aula que garantirá a correcta funcionalidade, mostrando asistencia ao alumnado nos procesos de matrícula, xestión do curso e na organización das probas de avaliación presenciais.
A alcaldesa de Barreiros manifestou “a importancia de contar en Barreiros coa posibilidade de realizar os exames dun catálogo tan amplo de cursos como os que oferta a Aula Mentor, cunha gran variedade, e posibilitando a formación complementaria ou a primeira formación para as persoas adultas”.
“É un xeito de achegar a formación a todas as persoas, con independencia de onde vivan, reducindo os desprazamentos e, deste xeito, os custes que teñen que asumir aquelas persoas que queiran aproveitar ditos cursos, que xa non terán que acudir a outros concellos para realizar os exames” apunta Ana Ermida que, agradece a visita á subdelegada do goberno e enmarcouna dentro das vías de cooperación e colaboración que o Concello de Barreiros mantén co Goberno do Estado, que posibilitan a mellora dos servizos e equipamentos para a veciñanza.
O período de matriculación atópase aberto durante todo o ano agás no mes de agosto. As persoas interesadas poden escoller entre un catálogo composto por máis de 200 cursos dos que se poden informar a través da web www.aulamentor.es ou ven na páxina web municipal www.concellodebarreiros.gal.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



