O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, explicou as obras que executará a Administración autonómica na LU-540, entre Viveiro e Cabreiros, que teñen un orzamento de 13,4 millóns
Viveiro, 27 de maio de 2022. O PP de Viveiro celebrou na tarde-noite do xoves nun hotel do entorno da cidade un moi concorrido acto de partido que tivo un dobre perfil, por un lado, informativo e, por outro, de homenaxe aos concelleiros e ex concelleiros populares neste municipio. Entre os asistentes estiveron a presidenta provincial do PP, Elena Candia (vicepresidenta primeira do Parlamento); o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; coordinador xeral e portavoz provincial dos populares, José Manuel Balseiro, e o presidente do PP local e portavoz municipal, Óscar Rodríguez.
A primeira parte do acto estivo centrada na información que facilitou o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, sobre as relevantes obras de mellora que acometerá a Administración autonómica na estrada de Viveiro a Cabreiros (LU-540).
Unha vez executada a reforma, circular por dita vía será moito máis seguro e a velocidade media mellorará. Nestes momentos, está aberto o prazo (rematará o 16 de xuño) para a presentación de alegacións ao proxecto. Arias explicou que o investimento autonómico de 13,4 millóns de euros permitirá acurtar o tempo de percorrido ao duplicar a extensión de terceiros carrís. Con esta intervención refórzase a competitividade territorial das comarcas da Mariña e da Terra Cha, mellora a seguridade viaria dos condutores e ofrece aos veciños desprazamentos máis cómodos e rápidos. Igualmente, optimizarase a seguridade viaria nas 9 principais interseccións para reducir os riscos con actuacións puntuais e efectuarase unha mellora puntual do trazado entre os puntos quilométricos 5 e 8, un treito que se dotará de cuneta de seguridade.
A outra parte do acto celebrado en Viveiro constituíu unha homenaxe a todos os concelleiros e ex concelleiros populares. Entre os asistentes ao acto estivo o ex alcalde César Aja, que, a petición dos asistentes, tivo que improvisar un breve discurso, no que destacou a importancia de recuperar a alcaldía, para que Viveiro saia da parálise na que está sumido este municipio dende que goberna a socialista María Loureiro. Actuou de mestre de cerimonia a secretaria xeral do PP de Viveiro, Mariña Gueimunde (xefa territorial de Educación) e ela mesma ex concelleira popular. Os homenaxeados recibiron unha insignia conmemorativa; a entrega deste agasallo correu por conta da presidenta provincial do PP, Elena Candia; o coordinador xeral do partido, José Manuel Balseiro; o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o alcalde de O Vicedo, Jesús Novo.
O presidente do PP local e portavoz municipal, Óscar Rodríguez, nas súas intervencións destacou á necesidade de traballar intensamente ata as próximas eleccións municipais para recuperar a alcaldía de Viveiro. Dedicou unha dura crítica á alcaldesa, a socialista María Loureiro, á que acusou de incapacidade de xestión e de intentar continuamente responsabilizar á Xunta do que non fai como alcaldesa. Lembrou os investimentos efectuados pola Administración autonómica en Viveiro e chamou a toda a militancia a traballar activamente para que o resultado das eleccións permita que o PP goberne neste municipio.
O acto pechouse cunha intervención da presidenta provincial do partido Elena Candia, que acaba de asumir a vicepresidencia primeira do Parlamento de Galicia. Na súa liña habitual, insistiu na necesidade de traballar intensamente para alcanzar os obxectivos, que, no caso de Viveiro, é a alcaldía. Destacou que o traballo debe levarse a cabo con firmeza e tesón pero con humildade. Puxo en valor o traballo da Xunta en relación coa provincia, en xeral, e con Viveiro en particular, e destacou as negativas consecuencias que para A Mariña teñen as decisións adoptadas polo Goberno central, presidido polo socialista Pedro Sánchez.





















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



