Ribadeo, 27 de maio de 2022. O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito positivo a decisión do Ministerio de Transportes de anular o ditame do Instituto Xeográfico Nacional de establecer como cooficial a denominación de Ría del Eo. Ese departamento ven de estimar parcialmente os recursos interpostos polo Concello, pola Xunta de Galicia, pola Deputación de Lugo e por varias asociacións. O rexedor alude a irregularidades na tramitación do procedemento e lembra que as rías levan o nome da poboación mais importante ao longo da historia.
Suárez Barcia declarou que “como xa manifestamos hai meses, tiñamos observado e advertido de irregularidades na tramitación do procedemento, un procedemento administrativo moi mal tramitado pois tomáronse decisións sen motivación e con moita opacidade, e iso non é outra cousa que unha arbitrariedade, feito polo cal recorremos tanto a forma como o fondo do asunto… E que agora veñen de darnos a razón”.
Para o rexedor ribadense “houbo unha chea de argumentos históricos, científicos, académicos, de razón e de dereito para que o nome da Ría é o que é e o que foi. A Ría é de todos e todas, une e non separa, pero leva o nome do resto das rías galegas e do Cantábrico en xeral, que é o nome da poboación mais importante ao longo da historia”.
E engadiu: “confiemos agora que todos os argumentos do Concello, da Deputación, da Xunta e do resto de entidades que defendemos a legalidade e a historia, sexan tidos en conta e ese Ministerio obre a partir de agora conforme ao dereito e á razón”.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



