A entrega de premios será o 30 de maio na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos
Lugo, 25 de maio de 2022. O II Certame Escolar de Ilustración ilustrarNOS convocado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo recibiu 252 traballos de estudantes de centros educativos de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos. Trátase de ilustracións orixinais e inéditas ao redor do lema proposto nesta segunda edición do certame “Contra o cambio climático, actúo”, que convidaba a representar graficamente esa idea, visibilizando solucións fronte á emerxencia climática.
A vicepresidenta da Deputación , Maite Ferreiro, sinalou “o incremento da participación con respecto á primeira convocatoria, de preto dun 25%, que nos reafirma na vontade de darlle continuidade á iniciativa, tanto no que respecta ao propio certame como o resto das actividades relacionadas coa creatividade artística e plástica que vimos organizando nos centros escolares co programa IlustrarNÓS”.
Un xurado formado pola ilustradora Laura Romero, a deseñadora gráfica Belén Freijeiro e Alejandro Carro, vicedirector da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramon Falcón de Lugo, encargouse da valoración das obras, tendo en conta aspecto como a orixinalidade e a creatividade na interpretación da cita, a técnica e composición da imaxe ou a súa aportación narrativa.
Os galardóns aos mellores traballos de cada categoría entregaranse o vindeiro 30 de maio, ás 19:00 horas, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos. Os seus autores e autoras recibirán como premio un IPAD con aplicacións de deseño gráfico e unha colección de libros ilustrados (álbum, banda deseñada, novela gráfica, etc.)






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



