Ribadeo, 20 de maio de 2022. O plan de formación no rural do Concello de Ribadeo volve en xuño con dous novos obradoiros. Haberá un de cestería en Covelas o día 11 e outro de xardinería en Vilaframil o 18. Para participar é preciso inscribirse no teléfono do Concello 982 128 650 antes do 3 de xuño.
O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, contou que “o Concello de Ribadeo pon a andar o plan de formación no rural deste ano 2022, co programa sábados de xuño nas parroquias, organizando dúas actividades ao longo deste mes de xuño. Primeiro teremos un obradoiro de cestería de colmo con tireta de vimbio, que será impartido por Lola Tourón, cesteira de renome e moi coñecida en toda Galicia. Este curso terá lugar o vindeiro día 11 de xuño na escola de Covelas en horario de mañá e tarde, desde as 11 ás 14 horas e de 16 a 19 horas”.
O edil nacionalista explicou que “logo na segunda quincena do mes o día 18 de xuño, en horario de 16 a 20 horas da tarde, organizaremos un taller de iniciación á xardinería, onde aprenderemos nocións básicas para o deseño dun xardín. Neste caso, será impartido por Iván Prado, profesional do sector e que conta con moita experiencia neste ámbito. Esta xornada desenvolverase na escola de Vilaframil”.
Villamil subliñou que “este plan de formación, que é a continuidade do xa iniciado o ano pasado, pretende seguir dando contido aos diferentes locais e escolas que temos nas parroquias, ofrecendo unha oferta variada e moi interesante a todas aquelas persoas que queiran participar”.
E engadiu que “as persoas interesadas en asistir a estas actividades deberán chamar ao teléfono do Concello 982 128 650, preferiblemente antes do 3 de xuño, para anotarse”.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



