Os populares, despois de 18 meses da disolución de Suplusa, fan “un balance moi negativo” da falta de xestión do goberno provincial, porque o patrimonio procedente da sociedade provincial “está abandonado e sen uso”
Lugo, 30 de maio de 2022. Todo o que ten que ver coas decisións do goberno provincial en relación coa disolución de Suplusa e a posterior xestión de todo o patrimonio procedente da desaparecida sociedade provincial reflicte a deficiente xestión do bigoberno (PSOE-BNG). O portavoz popular na Deputación, Javier Castiñeira, sinala: “Despois de 18 meses da disolución de Suplusa, dende o Partido Popular facemos un balance moi negativo, porque cremos que todo ese patrimonio está abandonado, sen uso e sen poñer en valor”. Anuncia que “no pleno de mañá, o PP solicitará a creación dunha comisión de seguimento, no só para pedir explicacións de como se está xestionando ese patrimonio senón, para tratar entre todos os grupos de poñelo en valor para que sexa útil para a provincia”.
Castiñeira explica: “O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, non ten máis que saír ao balcón do seu despacho e ver como está a que foi a sede de Suplusa en San Marcos: abandonada e sen uso ningún”. Os exemplos da falta de xestión do patrimonio herdado de Suplusa son moitos. Nesta liña, Castiñeira di a Tomé que “se quere pode desprazarse a Begonte ou a O Incio; no primeiro caso para ver como está a nave cedida por Manuel Mallo e toda a ferramenta que alberga sen uso ningún; no Incio, A Casona, está a caer”. Engade: “Tamén están abandonadas moitísimas parcelas, algunhas delas industriais e outras de solo rústico que estaban previstas para polígonos industriais no marco dos convenios que había con varios concellos”.
O portavoz popular aprecia “certa mala intención do goberno socialista e do BNG”. Engade: “O PP cre que non se están usando adecuadamente os fondos que deixou Suplusa á Deputación de Lugo, máis de 4,3 millóns de euros, que debían ser para poñer en valor todo ese patrimonio e cumprir cos concellos cos que se tiñan firmados convenios que aseguraban o futuro industrial de parte da provincia de Lugo”.
Castiñeira destaca que “ata agora o único que fixo o goberno da Deputación de Lugo foi encargar a Tragsa todo o que facía antes Suplusa e deixar atrás a varios traballadores que viven un mal momento e que foron obrigados a acudir aos xulgados para reclamar os seus dereitos. Entendemos que esa comisión de seguimento pode ser moi útil”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



