San Cibrao (Cervo), 5 de maio de 2022. Os socialistas da Mariña mantiveron hoxe, unha xuntanza de traballo cos sindicatos UXT, CIG e CCOO, para analizar a traizón de Feijoo e Conde á comarca da Mariña, en relación a ubicación da empresa ALTRI. Nesta reunión os socialistas explicaron a folla de ruta na que están traballando dende tódolos concellos da Comarca, co fin de demandar ao Goberno da Xunta unha solución.
Os socialistas presentaron o modelo de recollida de sinaturas que impulsarán na Mariña, e despois desta xuntanza, analizarán novas accións. Tamén avanzaron que haberá mobilizacións na Comarca. “Queremos saber cal é o plan industrial da Xunta para a Mariña, porque a promesa de Altri foi a pinga que colmou o vaso da nosa paciencia”, denuncian os socialistas.
No encontro, celebrado esta tarde na Casa do Mar de San Cibrao (Cervo), participaron os Alcaldes de Foz e Presidente da Mancomunidade da Mariña, Francisco Cajoto, as alcaldesas de Viveiro e Trabada, María Loureiro e Mayra García, o voceiro socialista de Cervo, Francisco Mon e a Deputada Autonómica, Patricia Otero. En representación dos sindicatos estaban presentes pola UXT, Miguel Angel Otero; pola CIG, Xorxe Caldeiro Díaz e polo sindicato CC.OO, María José Novoa Villarejo, integrados na Plataforma polo futuro da Mariña.
Ficamos unha vez máis abandonados
Os socialistas da Mariña trasladaron aos sindicatos a súa indignación, “pola traizón que Feijoo e Francisco Conde á comarca da Mariña, unha comarca que adoece dunha grave crise industrial e que se queda sen unha aposta de futuro”.
Cajoto remarcou que “Altri foi unha promesa do Partido Popular para a nosa comarca e ficamos unha vez máis abandoados. Agora alonxan a fábrica de fibra textil da fonte de materia prima, do eucalipto. E non cremos as escusas de mal pagadores que están replicando a bombo e platillo de que existía unha imposibilidade técnica, pola ausencia de caudal de abastecemento para a fábrica”, dixo.
Contubernio político de primeira orde
E insistiu nas súas criticas ao PP “o que cremos é que existe un contubernio político de primeira orde”. E preguntou “por que non nos recibiron? por que incumpriron un mandato parlamentario?. O que queríamos unicamente era axudar a buscar a mellor ubicación na comarca da Mariña, para que resolvera calquera eiva. Que ubicacións estudaron?. Non me podo crer que en tódolos quilómetros cadrados que ten a Mariña non haxa unha ubicación posible para a fábrica. Isto ule realmente mal”, replicou o rexedor socialista.
Así as cousas, os socialistas amósanse “indignados”, polo feito de que “en seis meses a Xunta non dispuxera dun só minuto para recibir a alcaldesas e alcaldes da Mariña, “pero en cambio para anunciar propaganda política teñen tempo para reunirse con Francisco Conde, a xerente do Consorcio, o Delegado Territorial da Xunta e outros cargos”, en alusión a cando realizaron a presentación en Lugo. “Están a rirse dos representantes elixidos democraticamente, están a rirse de toda a Mariña. A onda de indignación é moi grande, enorme”, critican dende o PSdeG.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



