Lugo, 3 de maio de 2022. A deputada Mónica Freire e o deputado Efrén Castro, acompañados polo tenente alcalde de Foz, Xavier Fanego, e pola concelleira de Deportes e Mocidade, visitaron a exposición homenaxe a Quique Guerra “Diálogos, historia e ciencia, escultura e pintura”, organizada polo colectivo Tá en Artes no Cenima de Foz pola 7ª Semana das Artes Plásticas da Mariña.
A mostra, que reúne obras de 26 artistas arredor de pezas do propio Quique Guerra, está a recibir, desde o pasado 19 de abril e ata o vindeiro 6 de maio, visitas de escolares de colexios e institutos da Mariña, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que financia os desprazamentos en autobús, contribuíndo así ao coñecemento e difusión da obra do pintor e escultor no ámbito educativo.
En total, en pouco máis de dúas semanas, uns 1.500 nenos e nenas de centros de primaria e secundaria de Ribadeo, Alfoz, Viveiro, Mondoñedo, Cervo, Viveiro, Xove e Foz visitaron a mostra, guiadas polo artista Martín Lestao e polo historiador da arte Noel Redondo Lanzós.
A deputada mariñá Mónica Freire felicitou ao colectivo Tá en Artes polo traballo que están a desenvolver “na difusión da obra de artistas da Mariña e tamén na socialización da linguaxe artística, especialmente no ámbito educativo. A boa acollida desta iniciativa por parte dos centros escolares da Mariña supón un reforzo desta labor na que entendemos que as administracións debemos colaborar activamente”
Centros participantes nas visitas
Entre os 1.500 nenas e nenas que participan nas visitas atópanse alumnos e alumnas do IES Dionisio Gamallo (Ribadeo), do IES de Alfoz (O Valadouro), do IES Vilar Ponte (Viveiro), do IES San Rosendo (Mondoñedo) e do IES Marqués de Sargadelos (San Cibrao). Tamén dos CEIP de Cervo, Fondo Nois, O Cantel e Martínez Otero (Foz), Santa Rita de Galdo (Viveiro), e Pedro Caselles Rollán (Xove), da EEI San Roque (Viveiro) e do Centro Ocupacional Aspanane de Viveiro. As visitas teñen lugar en horario de mañá, en quendas sucesivas, dunha hora de duración, entre as 10.30 e as 13.30 horas.
Ademais de propiciar o achegamento á obra de Quique Guerra coa planificación destas visitas á exposición, no marco da Semana das Artes Plásticas da Mariña, Tá en Artes propón aos centros escolares involucrar ao alumado en exercicios creativos a partir da temática e das técnicas presentes nas obras de Quique Guerra. O obxectivo é reunilos nunha exposición, que se poderá ver tamén no Cenima de Foz a comezos do mes de xuño.























A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



