Ribadeo, 17 de xuño de 2022. Acisa reparte entre os seus asociados e asociadas nos vindeiros días arredor de 7.000 bolsas, tanto para comercio como para a hostalaría, mais de 12.000 metros de materias decorativos e 800 farolillos así como tarxetas de prezos e cartelería para as rebaixas.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “este ano de cara o inicio o verán e tamén con motivo da celebración do Ribadeo Indiano, queremos facer un esforzo de cara os nosos asociados e entregarlles de forma totalmente gratuíta materiais de utilidade para eles. Nesta ocasión, en primeiro lugar repartiremos mais de 7.000 bolsas tanto de comercio como de comida para levar e de botellas de viño para hostalaría, entre os negocios que así o solicitaron previamente. Mantense o deseño que tiñamos no Nadal, xa que gustou moito. Deste xeito respondemos ás necesidades dos nosos asociados, que diariamente no comercio veñen utilizando as bolsas que dende Acisa lles proporcionamos de forma gratuíta e no caso da hostalaría damos resposta ás peticións feitas, con dúas bolsas moi demandadas, especialmente a de comida para levar”.
Pérez Prada sinalou que “Ademais das bolsas nestes días farase tamén entrega por parte de Acisa dos materias decorativos para o Ribadeo indiano. Tratase dun pack totalmente gratuíto que todos os negocios de comercio e hostalaría asociados van recibir para axudarlles a decorar os seus negocios. Está composto por tiras de bandeiras e de flocos que de forma conxunta suman mais de 12.000 metros así coma uns 800 farolillos. Con isto pretendemos incentivar aos nosos asociados a decorar os seus establecementos, os escaparates, as terrazas, as fachadas, as barras… Queremos que serva de axuda para que se animen e decoraren de forma especial os locias, coa temática indiana, que xunto coa decoración que imos realizar nas rúas, fagamos deses días un Ribadeo espectacular”. Estes materiais contan coa colaboración no financiamento do Concello de Ribadeo.
O xerente de Acisa contou que “tamén nestes días imos adiantar aos negocios que así nolo indicaron o material de rebaixas, de xeito tamén gratuíto. Tratase de tarxetas de prezos de antes e despois de cartelería para os escaparates. As rebaixas son unha época de grandes vendas, onde uns escaparates chamativos cos prezos ben visibles axudan a chamar a atención do publico. E por iso estes materias son tan interesantes e solicitados polos nosos socios e socias. Estes materiais de rebaixas están financiados en colaboración coa Xunta de Galicia”.
Jesús Pérez engadiu: “paréceme importante recalcar o aspecto gratuíto de todos este materias. Creo que estas actuacións son unha axuda para os negocios que forman parte de Acisa Ribadeo, xa que grazas a eles aforran custes. Baixo o meu punto de vista, este é un punto forte dos diversos servizos que presta a nosa entidade e polo tanto unha boa razón para ser socio noso”.






















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



