“Os nacionalistas galegos teñen un problema de credibilidade”, sinalou o deputado popular
Santiago, 8 de xuño de 2022. O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro animou hoxe no Parlamento galego aos deputados do BNG a romper os pactos de goberno que teñen na provincia de Lugo co PSdeG “se non conseguen o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez para a apertura do dique norte de Morás e a autovía da Mariña”. Ante a negativa a esta solicitude, o Grupo Popular viuse obrigado a votar en contra “dunha iniciativa trampa dos nacionalistas, que prefiren manterse nos gobernos en coalición cos socialistas na provincia antes que esixir ao Goberno de Pedro Sánchez o cumprimento das súas demandas en beneficio dos veciños da Mariña”.
José Manuel Balseiro afirmou que “os nacionalistas galegos teñen un problema de credibilidade” e lembrou “cando intentaron enganar aos veciños da Mariña dicindo que se ía pechar o hospital, cando a verdade é que logo da ampliación ten máis camas, máis servizos e máis consultas”.
“Non poden disfrazarse en plataformas que se manifestan contra os eólicos e ao mesmo tempo dicir que queren pechar Vestas ou esquecer que os primeiros que nos piden axilizar a posta en marcha da enerxía eólica son os traballadores de Alcoa”, apuntou.
O deputado popular lembrou que “na Mariña sufrimos unha crise industrial derivada da política enerxética do Goberno de Pedro Sánchez” e criticou que o BNG “está no mesmo saco que os socialistas, xa que co seu voto fixeron presidente a Sánchez”.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



