A fronte do unionismo español sobarda todas as medidas posíbeis de centralismo e desprezo pola personalidade nacional de Galicia. Vox quere suprimir a limitada autonomía do noso Estatuto e Cs quere que o Congreso estatal aprobe unha proposición non de lei abertamente inconstitucional, pois que propón suprimiren o termo “nacionalidades” no artigo 2 da Constitución, para que só fiquen nel recoñecidos como rexións os territorios todos do Estado. Tamén Galicia.
O termo “nacionalidades” na vixente Constitución de 1978 refírese só ás nacións (Galicia, Euskadi e Catalunya) que plebiscitaron afirmativamente cadanseu Estatuto de Autonomía antes de que chegase a terríbel represión franquista. A Disposición Transitoria Segunda da Constitución recoñeceu, en clara conexión coa devandita definición, o dereito de Galicia, Euskadi e Catalunya a aprobaren un Estatuto ao abeiro dun sistema bilateral, paccionado, no que cadansúa Asemblea de Parlamentarios aprobou un proxecto e o negociou de ti a ti coa Comisión Constitucional do Congreso, no canto do sistema de aprobación dos outros Estatutos, nos que as Cortes Xerais tramitaban cadansúa proposta case como a de calquera lei orgánica.
Sucedeu que as forzas políticas unionistas e, nomeadamente o deep state do lobby construtor-concesional, das grandes distribuidoras eléctricas e bancos e dos altos corpos da Administración civil e militar turraron por aguar este café autonómico das nacións sen Estado para repartir un cativo café para todos, a medio dun moi matinado programa lexislativo que igualou competencias por abaixo a medio da garantía estatal de cumprimento do Dereito europeo, as transferencias ás Comunidades de vía lenta para igualar os teitos acadados polas nacionalidades e do abuso de cláusulas xurídicas usadas reviradamente, como a unidade de mercado, a igualdade de dereitos entre os cidadáns ou os alicerces e coordinación da política económica estatal. Cóctel múltipel que foi abenzoado, unha vez si e moitas outras tamén, por ese tan caseiro árbitro que é o Tribunal Constitucional.
Hoxendía é evidente que as forzas políticas recentralizadoras (PP, Cs, Vox, PSOE e non poucas persoas encadradas en UP e satélites), canda o reaccionario Estado profundo están a liquidar o autogoberno-e financiamento- das nacionalidades, rachando o pacto constitucional que os garantía nun plano de bilateralidade Galicia-Estado.
Deste xeito, o réxime do autogoberno que a Constitución e o Estatuto lle recoñeceron ao noso País ficou desnaturalizado. Velaí que o vindeiro Estatuto galego terá de xurdir doutros alicerces constitucionais. Doutros bimbios xurídico-políticos.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



