Burela, 25 de xuño, 2022. O Pescados Rubén Burela perde contra o Atlético navalcarnero 6-3 deixando escapar o título de liga de primeira División RFEF Futsal Feminina. As guerreiras non puideron proseguir coa súa serie vitoriosa, e foron dobregadas por un Futsi que fixo moi boa eliminatoria global.
O Futsi saía na Estación con perigo en ataque. De feito, no minuto 2 de partido xa se adiantaban cunha desafortunada xogada para as laranxas, cun disparo de Ari que rebota en Dany mentres tentaba desvialo. O Navalcarnero non se imaxinaba que se ía a delantar tan pronto no marcador neste partido, con todo, Dany un minuto despois, ía empatar cun golazo ao baixar unha pelota na área cunha boa finalización.
Co gol as guerreiras estaban a xogar mellor, pero o Futsi seguía sendo máis agresivo en ataque tendo intencións de anotar. A pesar de ser elas as protagonistas en ataque, a punto estivo de poñer Leti o segundo, cunha acción que termina en poste tras rebañar un balón na área.
Chegados os 10 minutos de primeira parte, o conxunto de Julio Delgado xa acumulaba as cinco faltas, e sacou xogo de cinco con Bea Mateos para tentar rebaixar a presión do Futsi e non cometer a sexta falta. Con todo, este risco ía custar o gol ás laranxas, pois tras recuperar un balón Ari ía anotar coa portería baleira no minuto 12. Outra vez ía producir o mesmo feito que no primeiro gol do Futsi, xa que un minuto despois Peque anotaba cun disparo coa dereita para poñer o empate no marcador.
No tramo final da primeira metade, o partido transcorría co mesmo guión, e o Atlético Navalcarnero volvía poñerse por diante no minuto 18 con gol de Anita Luján despois de executar ela soa unha xogada individual. Esta vez o Burela tentou reaccionar, pero o gol non entrou e chegaríase ao descanso con vantaxe do Futsi por 3-2.
A segunda parte ía comezar como a primeira, cun Futsi moi incisivo en ataque que en segundos poñíase por diante con gol de Irene Córdoba. O conxunto do Navalcarnero nesta segunda metade ía ser moito mellor que o Burela, defendendo, sen ceder practicamente oportunidades en ataque e circulando ben o balón. Ás laranxas custáballes moito profundar, si que tiñan ímpetu por anotar pero faltáballes precisión e claridade.
Nos últimos 10 minutos de partido o equipo mariñán volveu sacar xogo de cinco, o cal non ía funcionar porque en cuestión de minutos Bea Mateos foi expulsada por ter que evitar un gol cun agarrón a unha xogadora do Futsi que se ía soa contra a portería.
Con todo, nunha xogada posterior Irene Córdoba ía anotar o quinto aproveitando a vantaxe numérica en pista no minuto 34.
A continuación, tamén foi sancionada con tarxeta vermella Ari, e no minuto 35 Ale de Paz recortaba distancias metendo de cheo ao Burela no partido.
Nos minutos finais o Burela xogaba de cinco tentando ata o final seguir recortando distancia, pero finalmente iba a anotar o definitivo o Atlético Navalcarnero nos segundos finais, con Irene Córdoba que facía o hat trick, e levaríase o título de Liga tras completar unha moi buena eliminatoria e temporada.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela: Jozi, Dany, Cilene ,Peque, Ale De Paz, -Cinco inicial- Lara Balseiro , Elenita, Bea Mateos, Irene Samper, Jenny, Elena Aragón y Sandra Buzón.
Atlético Navalcarnero: Marta Valbuena , Anita Luján, María Sanz, Ari, Irene Córdoba, -Cinco Inicial- Laura Córdoba, Ju Delgado, Ame Romero, Albita , Lorrana, Belén, Becha y Vane Sotelo.
Goles: Min 2 Ari 1-0; Min 3 Dany 1-1; Min 12 Ari 2-1; Min 13 Peque 2-2; Min 18 Anita Luján 3-2; Min 21 Irene Córdoba 4-2; Irene Córdoba 5-2; Min 35 Ale de Paz 5-3. Min 39 Irene Córdoba 6-3.
Equipo arbitral: Árbitro Fútbol Sala: Barrilero Mohedano, Manuel Jesus (C.T.A.F.S. Madrileño) Árbitro Fútbol Sala: Bustos Caparros, Carlos Enrique (C.T.A.F.S. Madrileño) Árbitro Asistente F.S.: Hernandez Hernan, Marta (C.T.A.F.S. Madrileño)
Futsi: Cartóns amarelos a Andrés Sanz, María Sanz, Becha, e vermella de Ari. Pescados Rubén Burela: Cartóns amarelos a Jenny, Ale de Paz e vermello a Bea Mateos.
Incidencias: Partido correspondente á xornada de volta da Final polo título de Playoff de Primeira División RFEF Futsal Femenina, disputado no el pavillón “La estación”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


