Critica que o Goberno do PP non teñan un plan para afrontar situación de escaseza de insumos e de no mover un dedo ante a forestación ilegal
Santiago de Compostela, 29 de xuño 2022. A parcelaria supuxo un paso adiante na modernización do medio rural, pero o proceso de concentración terminou por resultar ineficaz debido a lentitude da súa execución, “enferruxouse”, sintetizou o portavoz de Medio Rural, Xosé Luís Rivas, con esperas de até vinte anos, unha lentitude que contribuíu ao abandono e despoboación do rural.
Hoxe Galiza apenas conta cun 4% de superficie agraria con cultivo para a alimentación, fronte ao 26% da media estatal, perdendo soberanía alimentaria nun momento en que os prezos están disparados, tanto na cesta da compra como en todo tipo de materias primas para uso agrogandeiro, moi en particular os cereais cos que se alimenta o gando.
“Inmersos nunha situación de dependencia alimentaria, de altos prezos e de escaseza de insumos, temos un superficie en cultivo irrisoria e sometidos á brutalidade do mercado, extorsionados polas multinacionais e polos lobbies”, denuncio Rivas no debate da interpelación ao conselleiro de Medio Rural, que reclamou en nome do BNG unha recuperación urxente de terras abandonadas ou ilegalmente forestadas para destinar a cultivos.
Nun contexto de carestía total, de subida desorbitada do prezo dos alimentos e dos insumos, Rivas preguntoulle ao conselleiro de Medio Rural polo plan específico da Xunta para facer fronte a esta situación: “onde está o seu plan de emerxencia de recuperación de cultivos”. Para constatar que, pese a escalada inflacionista, o Goberno do PP non conta con ningún plan de actuación para atallar un problema de carestía e de escaseza de terras agrarias destinadas a producir alimentos tanto para consumo humana como animal.
O BNG, explicou, aposta por recuperar hectáreas abandonadas ou ilegalmente forestadas para cultivo de alimentos, “fannos falta coma país, coma poboación, coma pobo, para producir elementos esenciais para a nosa alimentación”, argumentou Rivas, cultivo de froita de todo tipo, de hortalizas e leguminosas, de verduras, de patacas, etc. E por suposto, tamén forraxes e cereais en grao que son imprescindibles para a alimentación animal.
“Hai que primar producións, facelas rendibles, animar ós labregos e labregas a recuperar País, en particular ante a brutal suba de prezos dos cereais e as dificultades no subministro debido á dependencia externa, o que fai urxente un cultivo inmediata da terra agraria cun mínimo de vocación cerealista”, recalcou.
En nin sequera coa carestía dos produtos agrarios que agudiza a dependencia alimentaria de Galiza, os fondos de recuperación Next Generation chegan ao medio rural, -denunciou Rivas-. En todo caso o Goberno do PP pretende utilizalos para pagarlle a un par de multinacionais supostas plantas de fabricación de fibras, mesmo utilizando eucaliptos, nunha Galiza que apenas conta con superficie.
“Nada lles preocupa que soamente o 4% da nosa superficie estea destinada ó cultivo de alimentos e, pola contra, a superficie forestal ronda o 61%, da que máis de 600.000 hectáreas son eucalipto”, argumentou o portavoz de Medio Rural. E as consecuencias en termos de calidade e de soberanía alimentaria están á vista con importacións por valor de case 4.000 millóns de euros: “repolos da Bretaña, pataca francesa, millo de Ucraína e USA, ata os primeiros pementos de Padrón, cando aquí aínda están sen plantar, xa os hai procedentes de Marrocos”, denunciou.
E todo isto, concluíu, porque terras que no pasado tiñan uso agrícola, que eran aptas para o cultivo forraxeiro e alimentar, “hoxe están plantadas con eucalipto, moitas de xeito ilegal sen que a Xunta faga cumprir a lei, entorpecendo a obtención de cereais para consumo humano ou forraxeiro. Só o 1% da nosa superficie agraria está adicada ó cultivo de cereal para consumo humano, apenas daría para un mes e medio de pan”, ilustrou Rivas.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



