O Valadouro, 8 de xuño, 2022. No día de hoxe asinouse o convenio entre o Concello de O Valadouro e a Asociación Ecuestre Cabaleiros do Ouro para a cesión a esta da Pista de Andadura, situada na zona dotacional do concello a carón do Campo de Fútbol. Ao acto de sinatura do mesmo asisitiron o Tenente Alcalde Eduardo Chao, o concelleiro de Deportes Eliseo Teijeiro e o presidente da Asociacion, Miguel González Martínez. “A posta en funcionamento desta infraestrutura construída hai dez anos e que por diversas circunstancias caera en desuso nos últimos tempos, deste xeito, e coa colaboracion de Cabaleiros do Ouro, colle valor outra vez e volverá a ser un referente no deporte ecuestre na Mariña e en Galicia” manifestou o concelleiro de deportes, o nacionalista Eliseo Teijeiro.
Esta pista de andadura que no seu día foi a primeira construída en Galicia volverá a recuperar o seu esplendor albergando múltiples eventos con actividades de ocio relacionadas co mundo ecuestre e o medio ambiente. Neste sentido tamén se pronunciaron o presidente da Asociación Miguel González e o Tenente Alcalde Eduardo Chao quen recordou tamén que a posta en funcionamento da pista era un dos puntos do programa da súa formación política, o Bng, nas últimas eleccións municipais.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



