Hai pouco, da man de Pancho Campos, decateime da existencia de corsarios en Ribadeo. Non de barcos corsarios que atacaran en Ribadeo, senón de barcos con base en Ribadeo e con patente de corso para atacar barcos doutras bandeiras. E é que ‘polas películas’, parece que os corsarios sempre eran ‘dos outros’, dos malos por natureza, obviando que en todo lugar cocen fabas. A corsaria, unha actividade ‘comercial’, ‘lucrativa’, etc, que hoxe nos deixa -polo menos, a min- cun palmo de narices: un permiso legal para atacar a xentes alleas a quen concedía a patente de corso. Unha actividade, que na actualidade ten herdeiros directos nas ideas coas que se conciben algúns chamados ‘negocios’, dende quen pide non cumprir a lei para ‘que lle cadren as contas’ (hai múltiples versións disto) ata quen sinxelamente, incumpre a(s) lei(s) sen moito ruído, pero se o pillan, escabúllese dicindo que cumpre algunha outra lei ou sinxelamente que a lei non lle é de aplicación.
En relación con isto último, o caso do emérito está tan manido que xa non chama a atención, por iso o outro día si ma chamou a declaración do responsable de Clearview AI, unha empresa que se adica a recoller na rede fotos de xente, aplicarlle a chamada ‘intelixencia artificial’ e vender datos, fotos e o que sexa posible sobre aqueles de nós con algunha foto nalgún lugar da rede. É dicir, sobre todos. Ese home, un tal Hoan Ton-That, unha vez que foi multada a compañía e esixida a retirada da súa base de datos dos cidadáns de varios países da UE (por certo, non vin a España entre eles), respondeu que a compañía non ten sede -doado de comprobar- nin clientes -máis dificultoso- na UE, e que non realiza ningunha actividade en contra do regulamento de protección de datos da UE, polo que é posible que o resultado sexa parello ó visto co emérito: entrar e saír nas redes da UE cunha resposta asimilable ás ‘explicacións de que? Ja, ja’ que nos soan tan familiares. Neste caso, a base empresarial está nos EEUU, que xa lle limitou a quen pode vender os datos e que sería como quen concedía as antigas patentes de corso, deixándolle atacar a outros sen consecuencias legais alí.
Claro, para chegar a iso de que a lei non lles é de aplicación, necesítase unha certa potencia de fogo para obter a patente de corso, o que se di un certo peso ou un certo tamaño. Para os corsarios máis pequenos quedan as peticións de non cumprimento da lei (é dicir, laiar para tentar conseguir unha patente de corso que aínda non se ten) ou o irse polas ramas dicindo que cumpre outras leis, a ver se coa. Do primeiro dos casos temos estes días as verbas dos que piden non poñer en xaque a hostalería e o turismo, ‘sectores clave da economía’, ó poñer en marcha un algoritmo de detección de horas extra. Penso que todos sabemos o que eso significa, mais ó fin, é unha forma de presión dentro do sistema xeral no que vivimos, sistema que non podería sobrevivir se de xeito implícito ou explícito non fora mantido pola maioría (se non estás de acordo co anterior, revisa o teu día a día…).
O caso que resta está a medias entre os outros dous. Sobrepasa ou desbota a sinxela presión, pero non se sinte tan forte (e non ten por que ser función da ‘forza absoluta’, senón dunha determinada relación de forzas) como para reclamar ser eximido da legalidade. Nesa situación estarían unha ampla gama de empresas. Actividades como a xeración eólica, na actualidade cunha especie de toma-daca, cumprindo, pero non todo, ofrecendo algunha regalía marxinal a modo de caramelo para ‘compensar’. Pero tamén outras que tentan atacar facendo uso interesado, con nesgo, de normas legais para amedrentar a quen lles queira esixir o cumprimento da legalidade nas actividades, empregando os seus recursos en disuadir con loitas xurídicas a quen só lles pide o cumprimento da lei.
Para rematar, a diferencia entre piratas e corsarios: o pirata é un bandido. A secas. O corsario, ten a autorización gobernamental para atacar a outros, para facer o que fan os bandidos, pero con protección. Por se non estaba claro ou non se entendeu que a autorización pode ser por activa (coa patente) ou por pasiva (co ‘laissez faire’)…


















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



