Raquel Queizás trouxo o seu espectáculo “Cinema marabillas. Ver para ler”. O público para esta ocasión estivo formado por uns 150 alumn@s do Colexio Pedro Caselles Rollán, acompañados polos seus profesores.

Ademais da autora da publicación, no acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e Xosé Luis Fernández Rivera, membro da Mesa Coordinadora Don Paco. Esta presentación está organizada polo Concello de Lourenzá, a Mesa Coordinadora Don Paco e Editorial Galaxia.
Ata este domingo, 5 de febreiro, expoñerán nesta feira as novidades para esta primavera-verán, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, así como a presentación duns 100 deseños novos, modificando tamen os acabados finais e incluíndo cor en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa…
O deputado de Deportes, que asistiu ao encontro , valorou o novo éxito das guerreiras laranxas, que “seguen facendo historia sumando títulos á súa traxectoria e enchendo de orgullo a afección da Mariña e de toda a provincia”. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborou na organización da final da Supercopa en Vista Alegre, poñendo o foco do deporte estatal en Burela, que acolleu durante a fin de semana a equipos, medios e afeccións.
Foi a segunda regata onde o Club estreaba traína representando a Celeiro e ao Concello de Viveiro, sendo a única traíña da provincia. A regata foi organizada polo Club de Remo Mecos, asistindo cunha tripulación mixta representada por 14 remeiros, 3 deles compañeiros do Club de Remo de Mugardos. No referente os resultados: 1º clasificado equipos mixtos, e 6º posto na xeral de veteráns.
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu en Burela ao partido da final da Supercopa de fútbol sala feminino entre o Pescados Rubén Burela FS e o MSC Torreblanca FS de Melilla, no que o equipo galego sumou o quinto título desta competición.
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, asistiu este domingo á final da Supercopa de España de Fútbol Sala feminino, que tivo lugar no pavillón Vista Alegre de Burela entre o Pescados Rubén Burela e o MSC Torreblanca Melilla. José Miñones felicitou ao club burelés, campeón do torneo por quinta vez na súa historia, e destacou que “é un orgullo ver a un equipo galego ser referencia a nivel nacional e internacional neste deporte”. O delegado estivo acompañado pola subelegada en Lugo, Isabel Rodríguez, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano.
Os compañeiros e amigos da auxiliar administrativo do Servicio de Medicina Interna, Martina Rodríguez Salvatierra, vestíronse de gala este venres para xubilala, nunha emotiva despedida no Rincón do Mis en Foz, agradecéndolle os bos momentos pasados xuntos.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital