Ribadeo, 15 de xullo, 2022. A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza unha exposición sobre biodiversidade en Ribadeo, desde o luns 18 ata o domingo 31 de xullo, na Oficina de Turismo, en horario de apertura de dita oficina. Trátase dunha proxección elaborada pola nosa compañeira de directiva, Belén Pérez Teijo, que así mesmo é membro da plataforma de Ciencia Cidadá “Asociación Fotografía y Diversidad”. A través deste material poderemos contemplar unha mostra da gran variedade de bichiños e bolboretas cos que compartimos hábitat en Ribadeo.
O traballo de campo que está a realizar Belén PÉREZ TEIJO concrétase nun seguimento e rexistro de poboación de bolboretas en dous percorridos específicos en Ribadeo. Trátase de facer un seguimento específico ao longo do tempo, tomando nota das variacións que se poidan dar.
Belén Pérez Teijo quere animar a todas as persoas amantes da bioloxía a tomar conciencia da importancia da colaboración cidadá coas sociedades científicas para, entre todos e todas, axudarmos a manter o noso patrimonio ecolóxico. Canto máis coñezamos a nosa biodiversidade máis conciencia tomaremos da súa riqueza e da súa necesaria conservación. Podemos comezar a enriquecer esa conciencia ecolóxica gozando desta excelente exposición na Oficina de Turismo de Ribadeo desde o luns 18 de xullo ata o domingo 31 do mesmo mes, en horario de oficina, todos os días da semana.






















A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


