Esta xoia gastronómica gozará nas próximas semanas do seu momento de maior exaltación na capital galega do Bonito do Norte, implicando a unha grande parte de sectores da localidade
Burela, 26 de xullo de 2022. A segunda edición do Tapeo Bonito comezará na hostalería de Burela a partir deste xoves 28 de xullo e ata o domingo 7 de agosto, día no que finaliza a XXXVI Feira do Bonito que se retoma despois de dous anos de parón por mor da pandemia da Covid-19.
Neste programa organizado pola Asociación Ledicia xunto co Concello, e no que colabora ABSA, participarán un total de nove establecementos da localidade con pratos e tapas que enxalzarán esta xoia gastronómica ao longo de dúas semanas, coincidindo coa estrea neste 2022 do nomeamento da Feira do Bonito como de Interese Turístico Nacional. Veciños e visitantes poderán gozar da frescura e cualidades deste túnido, así como das dotes culinarias da hostalería burelesa, que presentarán aos seus clientes o produto con receitas tradicionais e de vangarda que potencian o seu sabor.
A vila mariñeira de Burela é a capital galega do Bonito do Norte e unha das máis importantes do mundo polo seu porto, que é un referente internacional tanto polo volume de capturas como polos métodos de pesca sostibles e respectuosos co medio. O desenvolvemento socio económico do municipio ten moito que ver con isto, polo que son moitos os axentes que se implican con esta feira de exaltación do bonito, incluíndo, como non podía ser doutro xeito, a hostalaría local.
Da imposibilidade de realizar este evento gastronómico o ano pasado polas circunstancias sanitarias, dunha crise, saíu unha oportunidade, que foi a posta en marcha das I Xornadas na Honra da Feira do Bonito en bares, cafeterías e restaurantes da vila, acollido cun gran éxito e que este ano decidiuse repetir.
Locais participantes e propostas
Os nove establecementos participantes no II Tapeo Bonito ofrecerán preto de 30 pratos e tapas de bonito presentadas en distintas receitas e elaboracións.
A Lonxa presentará 5 pratos: “Bonito de Burela macerado en cítricos”, “Bonito de Burela á Lonxa”, “Rolo de Bonito de Burela”, “Ventresca de Bonito á prancha” e “Bonito de Burela á prancha”, en horario de 13 a 16 horas e de 20:30 a 23 horas, agás os domingos.
A´mares presentará tapas de “Zorza de Bonito de Burela con berberechos” e “Sorretintinos recheos de Bonito de Burela con salsa estilo A´mares”, de 20:30 a 23 horas salvo o domingo 7 de agosto.
O Restaurante Arenal porá pratos de “Bonito de Burela en salsa”, de 13 a 15:30 horas e de 20 a 23 horas, pechando só os domingos.
Na Terraza do Nordés haberá pratos de “Ventresca de bonito de Burela á brasa” e “Bonito de Burela á brasa”, todos os días da semana de 13 a 16 horas e de 20:30 a 23:30 horas.
Boas Migas servirá “Hamburguesa de Bonito de Burela con alioli de allo negro, cebola crispy, mozzarella, queixo e leituga en pan de tinta de calamar”, en horario de 13 a 16 horas e de 20:30 a 23:30 horas todos os días de semana.
Casa Miranda tamén participará, desvelando próximamente as súas receitas.
Contraste Food & Drinks porá como tapas o “Bonito de Burela en salsa de tomate” e o “Salpicón de Bonito de Burela con gambas”, e como pratos, tamén o “Bonito de Burela en salsa de tomate”, “Ventresca de Bonito á prancha con patacas fritas e ensalada” e “Hamburguesa Gourmet de Bonito de Burela con salsa de soja”, en horario de cociña agás os domingos.
O Restaurante Sargo ofrecerá tapas de “Tosta de Bonito de Burela con pementos”, “Zorza de Bonito de Burela con berberechos” e “Brocheta de Bonito de Burela”. Tamén Terán pratos de “Salpicón de Bonito de Burela”, “Empanada caseira”, “Marmitako de Bonito de Burela”, “Rolo de Bonito de Burela”, “Roda de Bonito de Burela estilo Sargo” e “Ventresca de Bonito de Burela á prancha”, servindo os pratos en horario de cociña e as tapas os xoves a partir das 20 horas.
Finalmente, no Vista Alegre terán pratos de “Salpicón de Bonito de Burela”, “Raxo de Bonito de Burela e “Bonito de Burela en salsa de allí”, de 13 a 15:30 e de 20 a 23:15 horas todos os días.
O Concello de Burela pon a disposición de todas as persoas interesadas a información completa con fotografías a través da seguinte ligazón: https://burela.org/gl/ii-tapeo-bonito# , convidando a todos os veciños, veciñas e visitantes a que visiten a hostalería local e desgusten este produto exquisito.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



