Ribadeo, 7 de xullo de 2022. O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, asegura que as expectativas de negocio para o VII Ribadeo Indiano son moi boas e agarda que esta edición sexa mellor que a de 2019. Desde a asociación empresarial ribadense animan tamén á veciñanza a decorar as súas ventás e balcóns para contribuír a crear un grande ambiente indiano do 8 ao 10 de xullo.
O xerente de Acisa dixo que “xa Ribadeo, podemos dicir, que ten todo a punto para este Ribadeo Indiano, estamos a decorar os últimos detalles de rúas, de prazas, de diferentes sitios da nosa vila, e os establecementos hostaleiros e o comercio tamén se está engalanando con bandeiras, flecos, palmeiras, flores… Desde Acisa gustaríame poder animalos a todos eles, establecementos asociados e non asociados para que decoren as súas terrazas, os seus escaparates, as barras, as fachadas… Creo que este é un evento que precisa tamén desa ambientación, desa decoración que anime a xente, que de alegría e eles, no caso dos socios, teñen moito material á súa disposición e os non asociados tamén o están conseguindo. Eu creo que é una parte moi esencial por iso quero facer hoxe fincapé nesta mensaxe, en que todos os establecementos, dalgunha forma pequena ou grande, se animen e decoren para ambientar Ribadeo”.
Pérez Prada tamén pide á veciñanza que decore balcóns e ventás: “a veciñanza ten un papel tamén moi fundamental, porque durante estes días pode tamén decorar os seus balcóns as súas ventás especialmente nas rúas peonís, estamos a falar das rúas comerciais como Reinante, San Francisco, Rodríguez Murias, San Roque, nas baixadas ao porto… nesas zonas onde os edificios ou casas non son moi altos e se pode facer un traballo de decoración moi bonito para complementar esa que facemos dende a organización, dende o Concello e dende Acisa. Polo tanto tamén esa mensaxe aos veciños e veciñas da vila, para que aínda que sexa con tres ou catro flores no seu balcón, con algo na porta, que poidan complementar a decoración que facemos. Eu creo que pode ser algo tamén interesante que pode dar un resultado moi bo”.
O xerente de Acisa subliñou que “tamén é importante animar á xente a caracterizarse evidentemente. Isto é un evento para ribadenses, para turistas e para visitantes, pero tamén para vivilo os e as ribadenses, que nos vistamos todos dende o venres. Animar a camareiros e comerciantes a que estean caracterizados durante estes tres días para que a vila se traslade como estamos a falar a Cuba, a Venezuela, a Arxentina ou Uruguai e teñamos ese ambiente caribeño, ese ambiente festivo que sen dúbida é parte esencial deste evento”.
Jesús Pérez indicou que as expectativas de negocio son moi boas: “a verdade é que as expectativas dende a organización son moi boas, todo hai que dicilo. Os primeiros datos que temos, que son de reservas esencialmente, están a ser moi bos, estamos a falar de hoteis practicamente cheos, de restaurantes con moitas quendas xa de comidas establecidas para poder dar abasto a toda a demanda que vai haber. Estamos a ver estes días os servizos de distribución completamente desbordados por dicilo así, porque estamos vendo como directamente se reparten palés, de cervexa, de viño, de comida… A verdade é que as expectativas son moi boas. Eu creo que vai ser un moi bo Ribadeo Indianoparece ser que vai haber moi bo tempo, vai haber calor, vai haber sol. E as expectativas económicas de repercusión son altas, non podemos cifralas pero son moi altas, eu creo que similares ao 2019 e espero que sexan mellores incluso“.
E engadiu: “que ninguén deixe de vir pensando que non vai ter onde comer, que non vai ter onde facer nada, Ribadeo ten moi boa estrutura hostaleira, hoteleira e comercial, ten moi bos aparcamentos, entón que ninguén se asuste, que ninguén pense que isto vai ser unha loucura, que o vai a ser, pero vai ser una loucura bonita para recibir á xente que encherá a nosa vila estes días”.
Pérez Prada tamén lembrou que “os locais asociados a Acisa Ribadeo reparten estes días 100.000 rifas entre os seus clientes para participar no sorteo dunha viaxe a Cuba para dúas persoas. O nome da afortunada coñecerase o vindeiro domingo, 10 de xullo, despois do concerto do artista mexicana Lila Downs. Con esa dobre cita no barrio de San Roque concluirá o Ribadeo Indiano 2022”.



























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



