Lugo, 4 de xullo de 2022. A deputada de Medio Rural da Deputación de Lugo Mónica Freire e o tenente alcalde de Foz Xavier Fanego anunciaron o inicio inminente dos traballos para habilitar zonas de aparcadoiro na contorna do colexio de Nois e a carón do cemiterio parroquial, no Pico do Castro.
A responsábel provincial explicou que “tras completarmos o procedemento administrativo, nos vindeiros días comezarán xa as obras nas que vimos traballando conxuntamente desde a área de Medio Rural da Deputación e do Concello co obxectivo de dar unha resposta o máis áxil e eficaz posible ás demandas da veciñanza. Cremos que a colaboración entre administracións é fundamental para que os proxectos saian adiante e se poñan en marcha servizos e espazos que melloren a calidade de vida das persoas”.
O tenente alcalde Xavier Fanego agradeceu “a disposición da área de Medio Rural da Deputación e o traballo do persoal do Concello para axilizar a tramitación e executar unha obras moi demandanda pola veciñanza,especialmente as do aparcadoiro a carón do colexio Fondo Nois”.
Nesa liña, lembrou que “a asociación de nais e pais do centro trasladounos a necesidade de contar cunha zona de aparcamento próxima, para dar maior fluídez e seguridade á zona no momento da entrada e saída do colexio. Dado que o prazo de execución das obras é dun mes, no inicio do curso disporán xa dese espazo, que durante o verán será tamén moi operativa para as persoas que se acheguen a praia das Polas”.
Medio Rural investirá un total de 37.000 euros no acondicionamento dos dous aparcadoiros, que realizará Tragsa e que inclúen traballos de limpeza, nivelado e afirmado, así como o marcado das prazas e a sinalización.
O aparcadoiro de Nois, nunha parcela rústica contigua ao CEIP Fondo Nois, acondicionarase con firme de areón compacto e contará cunhas corenta prazas. A parcela situada a carón do cemiterio parroquial de Foz, que xa se ven empregando como aparcadoiro e, provisionalmente, para acopio de materiais de construción, aglomerarase para subsanar o deterioro que acumula. O proxecto comtempla tamén a creación de corenta prazas.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



