Como novidade, desde a organización e en colaboración coa hostalaría local, poñerán a disposición das persoas asistentes un vaso único reutilizable “a fin de incidir no respecto á contorna e reducir ao máximo a xeración de residuos”
O Concello de Cervo celebrará a XXXV Festa da Maruxaina o sábado 13 de agosto. A cita foi presentada polos concelleiros de Deportes, de Medio Ambiente, de protección civil e de Servizos Sociais, David Rodríguez, Mali Méndez, Alfredo Fernández e Pilar Armada, respectivamente, e por unha representación das asociacións A Anxuela e Amigos da Maruxaina, que organizan a festa.
Ese día 13 serán os actos centrais, pero xa o venres terá lugar a Pre-Maruxaina co gran chupinazo ás 19:00 horas, seguido da concentración de Maruxainos e Maruxainas na Praza dos Campos, onde haberá degustación de empanadas típicas galegas e bolos preñados. Ás 21:00 horas está previsto o nomeamento do/a Maruxaino/a de Honra 2022, a cargo da Asociación Amigos da Maruxaina.
Xa o sábado, 13 de agosto, será o día grande, que estará animado desde primeira hora polo ritmo de diferentes charangas e gaiteiros. Á tardiña están previstos, como viña sendo tradición, os xogos populares na praia.
Xa ás 23:00 horas será o desembarco da Maruxaina na Praia do Torno. Durante o traxecto as persoas asistentes poderán gozar dun espectáculo de fogos de artificio.
Ás 00:00 horas será o gran xuízo popular, seguido dunha degustación de balde de queimada na Praza dos Campos.
A continuación, haberá verbena na Praza dos Campos
Solicitude de pases, restricións de tráfico e aluguer de tableiros
Desde o venres 12 de agosto, a partir das 15:00 horas ata o domingo 14, ata as 15:00 horas, por motivos de seguridade e co único fin de facilitar o bo discorrer da festa, o Concello de Cervo realizará modificacións e restricións no tráfico rodado de San Cibrao.
En concreto estará cortado todo o acceso rodado na Avda. da Mariña, Rúas Aduana, Campos, Torno, Beiramar, Caosa, Hospital, Miramar, Anxuela, Coto e Penamea; Prazas do Lugar e Penal; e Zona do Porto de Arriba. Estes cortes terán a excepción dos vehículos con pase, de emerxencias, reparto e servizos municipais.
Desde o xoves, 11 de agosto, ás 23:30 horas, estará prohibido o estacionamento na Avda. da Mariña, Rúas do Torno, Beiramar e o aparcadoiro fronte á Casa do Mar.
Os pases, que tan só lle serán facilitados a aquelas persoas que demostren que teñan garaxe nesas zonas, poderán solicitarse desde o día 1 e ata o 10 de agosto; na Casa da Cultura. Será desde o día 2, en horario de 12:00 a 14:00 horas, cando os poderán recoller.
Tamén estará dispoñible o servizo de préstamo de taboleiros para xantar na praia, baixo fianza. Poderanse solicitar desde o 8 ata o 11 de agosto na Casa da Cultura. O material estará dispoñible no Torno o día da Festa; e deberá ser devolto en canto pase a Maruxaina.
Desde o Concello de Cervo animan a veciños e visitantes a volver desfrutar desta Festa declarada de Interese Turístico Galego, que é un reflexo da unión de San Ciprián co mar. Traballamos –engaden- para que a harmonía reine no pobo durante a celebración dunha festa na que as tradicións familiares se misturan coa xente nova, e hai que tentar sempre que a diversión sexa o máis sana posible; “que siga quedando ese espírito orixinal da celebración”, engaden.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



