Grazas ó Goberno do PSOE no Estado, a comarca recibe 24M€ para modernizar o tren con proxectos que están xa en fase de contratación, despois de que o PP “non lle destinase nin un euro” e de que o rexedor cervense “nin sequera o pedise nunca”, subliña César Mogo
A Mariña, 21 de xullo de 2022. “O Alcalde de Cervo quere meter medo ós veciños e veciñas da Mariña sobre o futuro de FEVE contando mentiras”. Así o denunciou este martes o Senador socialista César Mogo, quen subliñou que o rexedor queda totalmente retratado porque a comarca recibe 24M€ para modernizar o ferrocarril con proxectos que están xa en fase de contratación, despois de que o Partido Popular non lle destinase nin un euro e, o que aínda é máis grave, despois de que o sr. Villares nin sequera o pedise nunca”.
As actuacións licitadas, dentro das partidas que se incluíron nos Orzamentos Xerais do Estado deste ano 2022 para esta liña, están destinadas á automatización da rede, a melloras na seguridade, e tamén a estacións e á creación de novos apeadoiros no tramo Ribadeo-Ortigueira.
O Grupo Socialista presentou e conseguiu aprobar unha moción no Senado, defendida por César Mogo, “para modernizar a liña de FEVE ó seu paso por Lugo e o Goberno está acometendo os investimentos comprometidos”.
Polo tanto, queda claro que Villares dedícase a “inventar falsidades” contra un Executivo socialista que multiplicou por catro o orzamento destinado á provincia dende o ano 2018 para tentar ocultar esta realidade, mentres, por certo, ten os centros de saúde do seu concello sen médicos e deixou escapar un proxecto industrial moi importante anunciado para Cervo”, aseverou o Senador do PSOE.
Villares cala ante o abandono da Xunta á Mariña
Neste sentido, César Mogo ve “lamentable que o sr. Villares se dedique a propagar medos, cando mantén un silencio vergoñento ante o abandono ó que ten sometida a Xunta á comarca da Mariña e á provincia de Lugo. Cando faltan médicos na nosa Atención Primaria, o sr. Villares cala; cando a Xunta incumpre os seus compromisos en infraestruturas coa Mariña, o sr. Villares cala; cando a Xunta traizoou á Mariña anunciando investimentos industriais que logo deixou escapar, o sr. Villares cala; e cando a Xunta non promove nin unha soa industria na Mariña, o sr. Villares cala”. “Este é un modo de comportarse en política que, en resumen, consiste en antepoñer os intereses do seu partido ós dos seus veciños”, afirmou o Senador socialista.
Investimentos na comarca
Para César Mogo, o Alcalde de Cervo “fai de voceiro dun PP de Lugo á desesperada por xerar incertezas e temores ante os investimentos que se puxeron en marcha na provincia”, pero, recalcou, “para o seu desgusto as obras do Goberno central en autovías seguirán adiante e comezarán outras novas, como a A74 que pasará pola Mariña; para o seu desgusto, a mellora do ferrocarril que conecta Lugo con Ourense seguirá adiante, e tamén o fará a do tren que percorre toda a Mariña. O mesmo que estivo completamente abandonado polo Goberno do sr. Villares e do PP de Lugo”. “O PP a difundir bulos, e os socialistas, coma sempre, a asegurar os investimentos para Lugo”, concluíu.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



