Foz, 5 de xullo de 2022. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda 2030, Carlos García, presentan o informe Horizonte 2030 co obxectivo de que o municipio teña un desenvolvemento sostible e responsable.
Carlos García explica que “o goberno do Concello de Foz acaba de cumprir tres anos dende a súa investidura, aló en xuño do ano 2019. A principios do ano 2020, tendo en mente un problema que ten que ver co actual modelo de desenvolvemento e que estamos a sufrir nas nosas sociedades presentamos a moción denominada Iniciativa polo futuro, na cal acordamos a divulgación e promoción da Axenda 2030 como instrumento fáctico para atraer ás xentes cara á concienciación dos problemas globais que nos afectan día a día coa incerteza do actual modelo de desenvolvemento. Dita moción foi aprobada por unanimidade pola corporación municipal, nunha mostra de sensibilidade, responsabilidade e compromiso coas xeracións vindeiras”.
O concelleiro destaca que “hoxe, logo de dous anos de traballo intenso con doutores universitarios de ramas multidisciplinares, tanto de datística como de ciencias da terra ou economistas, presentamos o informe Horizonte 2030 para Foz. Un documento no que intentamos plasmar como se aliñan as iniciativas políticas do noso concello coa Axenda 2030, é dicir, co desenvolvemento sostible. Cremos que os froitos son un traballo moi interesante, que pode sentar un precedente a nivel municipal e de alta replicabilidade noutros concellos. Quero recordar que esta iniciativa foi distinguida cun accésit de 6.000 euros polo Laboratorio ODS Nacional da UNED. Basicamente estamos falando dun informe que incardina a administración municipal como base fundamental de acción a prol do desenvolvemento sostible”.
Carlos García especifica que “dentro deste informe irán 5 píldoras audiovisuais, nas que se mostran aos actores políticos do Concello de Foz, dende as súas diversas áreas de concellería, como aliñan as súas accións políticas cos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030”.
O concelleiro responsable da Axenda 2030 en Foz engade: “o que pretendemos con isto é mostrar os problemas que podemos chegar a ter se non adoptamos unhas directrices de desenvolvemento máis responsables coas xeracións vindeiras. O Concello de Foz actualmente ten en mente que cada acción política a realizar dentro do noso municipio ten que ter unha visión de futuro: temos que traballar e deseñar realidades e escenarios a futuro. Para elo seguiremos traballando desde a Concellería de Relacións Institucionais, Comunicación e Axenda 2030”.
“Esperemos en próximas datas poder presentar a ampliación deste traballo, que xa o estamos en marcha, e chegar a ter unha cartografía real, centímetro a centímetro, dos problemas de desenvolvemento que ten o noso concello e dar solucións eficientes, eficaces e garantes de sustentabilidade para traballar da man dos técnicos municipais, das empresas que participen no concello e dos cidadáns e poder crear unhas condicións a futuro máis amables e responsables cos nosos fillos e fillas e cos nosos netos e netas. Traballamos por un Foz mellor, máis responsable e máis próspero. Polo tanto animámosvos a que vos unades á nosa comunidade polo desenvolvemento sostible responsable”, remata Carlos García.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



