Permite cumprir un dos obxectivos do goberno local de acondicionar este treito que, na actualidade, carece de iluminación, de beirarrúas e de beiravías, reforzando así o Camiño Norte e o patrimonio histórico e medioambiental
Mondoñedo, a 30 de xullo de 2022. O Concello de Mondoñedo vén de adxudicar definitivamente a mellora da seguridade viaria peonil na antiga N-634 a SERGONSA SERVICIOS S.L por valor de 261.939 euros. Esta actuación, que se enmarca no convenio asinado pola entidade local e a Xunta de Galicia, a través das Axencias Galega de Infraestruturas e de Turismo de Galicia, permite cumprir un dos obxectivos do goberno local de acondicionar este treito, situado en pleno Camiño Norte, pero que carece de iluminación, de beirarrúas e de beiravías. Esta obra é unha débeda histórica que permite ganar en seguridade e tamén mellorar esteticamente unha das entradas da cidade e do camiño norte.
Unha vez adxudicada, as obras prevén o seu inicio a finais de agosto.
Deste xeito, o goberno local dá continuidade ao seu compromiso de seguir acondicionando os espazos da localidade, sobre todo, aqueles que precisan unha actuación urxente como é este caso. Segundo rexe o acordo, a achega económica dos organismos autonómicos efectuarase en dúas anualidades.
Reforzo do Camiño Norte
“Reforzamos o Camiño Norte, ao seu paso pola localidade, pois o último treito, da N-634, de titularidade municipal, é o tramo inmediatamente anterior á entrada na zona urbana do municipio”. Neste senso, apuntan dende o goberno local, “tamén contribuímos á posta en valor do noso patrimonio histórico e das paisaxes existentes, que están incluídas na Reserva da Biosfera”.
Os obxectivos que se perseguen coas obras proxectadas son unha mellora da seguridade peonil viaria en xeral e, en particular, orientada ao tránsito peonil, xa sexan habitantes e veciño, ou peregrinos usuarios desta ruta xacobea. “Grazas á Xunta de Galicia converteremos esta antiga estrada, destinada a vehículos, nun acceso a Mondoñedo polivalente onde as persoas teñan o protagonismo que se merecen”, engaden.
As actuacións a realizar son as seguintes: ampliación da explanada, para o que son necesarios muros de perpiaño; canalización e ampliación de drenaxe; alumeado; e pavimentación da beiravía en aglomerado e beirarrúa en formigón desactivado.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



