Ribadeo, 8 de xullo de 2022. Ribadeo reforza esta fin de semana a recollida de vidro nos máis de 30 locais hostaleiros que se adheriron á campaña deseñada por Ecovidro e polo Concello. Estes establecementos disporán de contedores especiais para a ocasión e contarán con servizo de recollida porta a porta durante a celebración do Ribadeo Indiano. Ademais o Concello colocou en puntos estratéxicos da vila 8 contedores para o vidro, engalanados para estas datas. Eses recipientes están decorados cos carteis das sete edicións do Ribadeo Indiano.
O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, explicou que “Ecovidrio xunto co Concello deseñou unha campaña de reforzo de contedores, nos que van figurar as sete edicións do Ribadeo Indiano cos seus carteis. Son oito contedores de reforzo con esa imaxe significativa de cada edición do evento, que están situados en puntos estratéxicos da vila”.
O edil ribadense indicou que “ademais ponse en marcha unha recollida porta a porta para os hostaleiros, da que se beneficiarán entre 30 e 40 locais das zona da vila que forman parte do recorrido da festa indiana, desde o porto ata a rúa San Roque. Unha parella de rapaces van ir recollendo os residuos de vidro en todos os locais que se quixeron adherir a esta campaña que solicitamos e Ecovidrio, que foi por cada establecemento que o precisou, levoulles un contedor para que fixesen mellor ese labor. Entón durante sábado e domingo van ter á súa disposición ese servizo de porta a porta: vanlles recoller os envases de vidro e despois devolveranlles o recipiente baleiro”.
Díaz Freije agarda que “sexa unha xornada lúdica e festiva propicia para toda a vila, para todos os visitantes e para todos os veciños de Ribadeo e que para os hostaleiros supoña unha boa festividade”.






















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



